Buscapolo

Buscapolo
A lámpada do buscapolo acéndese cando está en contacto co polo vivo.
A lámpada do buscapolo acéndese cando está en contacto co polo vivo.
A lámpada do buscapolo atópase apagada porque está en contacto co neutro.
A lámpada do buscapolo atópase apagada porque está en contacto co neutro.

O buscapolos é unha ferramenta que permite verificar se un determinado cable ou condutor ten unha diferenza de potencial (tensión) con respecto á terra física (por exemplo, en tomas eléctricas domiciliarias, individualiza que cable é a "fase" e cal é o "vivo"). Consiste nun circuíto aberto formado por unha ou máis lámpadas con puntos de contacto axeitados para a busca. Está formado por unha punta metálica nun dos extremos e un mango de plástico, totalmente illado.

Pódense atopar en forma de lámpada serie, ou en forma de desaparafusador, sendo este último o máis utilizado (desaparafusador de neon).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne