Hacrobios

O cocolitóforo Gephyrocapsa oceanica é un membro de Hacrobia.

Os hacrobios ou Hacrobia é un grupo de organismos que agrupa ás haptófitas e ás criptomónadas (ou criptófitas), que se considera monofilético.[1][2] Os Hacrobia formaban parte de Chromalveolata. Os Hacrobia non están incluídos no supergrupo SAR. Para denominar ao grupo formado polas haptófitas e as criptomónadas propuxéronse varios nomes, o máis usado é Hacrobia (derivado de "ha-" que se refire ás haptófitas, "-cr-" que se refire ás criptomónadas, e "-bia" que significa vida);[1] outra denominación é CCTH (das iniciais de Cryptophyta, Centrohelida, Telonemia e Haptophyta);[3] e outro é "Eukaryomonadae".[4]

Aínda que o grupo se presentou como monofilético, actualmente (ano 2012), non está claro se o grupo é realmente monofilético ou non, e os resultados dos estudos filoxenéticos "dependen a miúdo da selección dos taxons e do conxunto de datos de xenes" estudados.[3] Dous estudos do ano 2012 deron lugar a resultados opostos.[3][5]

  1. 1,0 1,1 Okamoto, Noriko; Chantangsi, Chitchai; Horák, Aleš; Leander, Brian S.; Keeling, Patrick J. (Setembro de 2009). "Molecular Phylogeny and Description of the Novel Katablepharid Roombia truncata gen. et sp. nov., and Establishment of the Hacrobia Taxon nov". PLOS ONE 4 (9): –7080. ISSN 1932-6203. doi:10.1371/journal.pone.0007080. Consultado o 14 de febreiro de 2017. "A monofilia deste grupo está apoiada por varios diferentes conxuntos de datos moleculares e filoxenéticos e unha transferencia lateral de xenes compartida; por tanto, establecemos formalmente este clado diverso como 'Hacrobia'" (Orixinal: "The monophyly of this group is supported by several different molecular phylogenetic datasets and one shared lateral gene transfer; therefore, we formally establish this diverse clade as the 'Hacrobia.'") 
  2. Sakaguchi M, Takishita K, Matsumoto T, Hashimoto T, Inagaki Y (2009). "Tracing back EFL gene evolution in the cryptomonads-haptophytes assemblage: separate origins of EFL genes in haptophytes, photosynthetic cryptomonads, and goniomonads". Gene 441 (1-2): 126–31. PMID 18585873. doi:10.1016/j.gene.2008.05.010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Zhao, Sen; Burki, Fabien; Bråte, Jon; Keeling, Patrick J.; Klaveness, Dag; Shalchian-Tabrizi, Kamran (2012). "Collodictyon—An Ancient Lineage in the Tree of Eukaryotes". Molecular Biology and Evolution. PMC 3351787. PMID 22319147. doi:10.1093/molbev/mss001. 
  4. "EUKARYOMONADAE". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 2010-07-19. 
  5. Burki, F.; Okamoto, N.; Pombert, J.F. & Keeling, P.J. (2012). "The evolutionary history of haptophytes and cryptophytes: phylogenomic evidence for separate origins". Proc. Biol. Sci. doi:10.1098/rspb.2011.2301. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne