Lehendakari

Iñigo Urkullu, elixido lehendakari en 2012.

O Eusko Jaurlaritzako Lehendakari (en galego: Presidente do Goberno Vasco), coñecido simplemente como lehendakari, é a máis alta representación do Goberno Vasco. A súa sede e oficina institucional é a lehendakaritza (presidencia), situada en Vitoria, xunto á súa residencia oficial, o pazo de Ajuria Enea.

En éuscaro a palabra lehendakari é sinónimo de "presidente" (significa literalmente "primeiro responsable") e pode facer referencia tamén ao presidente do Goberno de Navarra, o presidente do Parlamento de Navarra ou os presidentes de diversas institucións tanto públicas como privadas. Non obstante, fóra dos territorios euscaldúns, coñécese como lehendakari ao presidente do Goberno Vasco.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne