Opistosoma

Escorpión no que se ve a división do opistosoma en dúas partes.
En primeiro plano, opistosoma da araña Phidippus mystaceus.

O opistosoma é un dos dous tagmas en que se divide o corpo dos quelicerados. O outro tagma é o prosoma.[1][2]

Nos quelicerados, que non teñen unha cabeza diferenciada do resto do corpo, o opistosoma é ás veces denominado abdome, termo desaconsellado xa que non é homólogo do abdome dos crustáceos e os insectos.

En arañas e amblipixios existe unha constrición ou cinto (pedicelo) que separa o opistosoma do prosoma, pero no resto dos arácnidos o límite entre ambos os tagmas é menos evidente.

Por outra parte, os escorpións posúen un opistosoma diferenciado en dúas zonas, unha basal e ancha denominada mesosoma e outra final estreita e alongada coñecida como metasoma ("cola").

  1. Garrido, Carlos (1997).
  2. Peter Ax. "Chelicerata". Multicellular Animals. Springer. pp. 83–85. ISBN 978-3-540-67406-1. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne