Ovocito

Ovocito
Gray's pág.38

Un ovocito[1] ou oocito[2][1] é un gametocito ou célula xerminal feminina implicada na reprodución. Trátase dun ovo inmaturo ou célula ovo inmatura. Orixínanse no ovario durante a gametoxénese feminina. As células xerminais femininas producen unha célula xerminal primordial que sofre mitose formando ovogonias. Durante a ovoxénese as ovogonias transfórmanse nos ovocitos primarios. Os ovocitos primarios chegado un momento da vida do individuo experimentan a meiose, orixinando ovocitos secundarios e estes despois óvulos. Un óvulo é un ovocito que completou a súa meiose e maduración.

  1. 1,0 1,1 Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 126. ISBN 978-84-453-4973-1. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oocito.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne