A Verdade, o Tempo e a Historia

A Verdade, o Tempo e a Historia
(La Verdad, el Tiempo y la Historia)
ArtistaFrancisco José de Goya y Lucientes
Data1797 - 1800
Técnicaóleo sobre lenzo
Neoclasicismo
Dimensións244 cm cm × 294 cm
LocalizaciónMuseo Nacional de Estocolmo (Estocolmo, Suecia Suecia)

A Verdade, o Tempo e a Historia (La Verdad, el Tiempo y la Historia), tamén coñecido como España, o Tempo e a Historia e como Alegoría da Constitución de 1812,[1] é un cadro pintado por Francisco de Goya cara 1800 que constituíu un dos óleos dunha serie de dúas alegorías relativas ao progreso científico e económico que poderían decorar a biblioteca da residencia palaciana gobernamental de Manuel Godoy, máximo mandatario da España da súa época baixo o reinado de Carlos IV. Tales alegorías, de alcance político, proliferaron na Francia revolucionaria.

Este cadro, xunto con outro de igual altura que representaba unha Alegoría da Poesía, atopouse en Cádiz a mediados do século XIX, polo que existe a hipótese de que o cadro fose encargo de Sebastián Martínez y Pérez (que tiña importantes bibliotecas en Madrid e Cádiz en 1800) e non de Godoy. A obra áchase actualmente no Museo Nacional de Estocolmo (Stockholm Nationalmuseum de Suecia.

  1. Esta última denominación parece proceder dunha imprecisión na interpretación da alegoría, posto que, segundo Glendinning (op. cit., páxs. 80 - 84) o libro alude á Verdade, que aparece espida no bosquexo previo e argüe que o estilo é diverso ao dos cadros da Guerra da Independencia Española e próximo ao das obras de cara 1800. Data o cadro entre 1797 (data do bosquexo) e 1800.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne