Android

Android
DesenvolvedorGoogle Inc., Open Handset Alliance, Android Open Source Project
Familia de S.O.Linux
Lanzamento20 de setembro de 2008
En galegoSi[1][2]
Espazo de usuarioGráfico
Interface de usuarioGráfica
Modelo de desenvolvementoCódigo aberto[3] e con partes privativas en parte dos dispositivos móbiles.
NúcleoLinux (variante do kernel)[4]
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaApache 2.0, coas modificacións do núcleo Linux baixo a GNU GPL v2[5]
Última versión estable8.1.0 "Oreo" 5 de decembro de 2017
Estado actualEn desenvolvemento
Sitio webwww.android.com
Samsung Galaxy Note con Android 4.4.
Samsung Galaxy Tab 10.1 con Android 3.1.

Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware[6] está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos[7]. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Market (Marketing) ou a súa actualización, PlayStore.

Desde Android 5.0 Lollipop na versión oficial inclúese de serie a interface en galego.[8][9]

O 17 de maio de 2017 presentouse Android Go, unha versión máis lixeira do sistema, para axudar a que a metade do mundo sen teléfonos intelixentes consiga un en menos de cinco anos. Inclúe versións especiais das súas aplicacións onde o consumo de datos redúcese ó máximo.[10]

  1. Android 7.0 Nougat - Internationalization
  2. Lista de linguas e localizacións con soporte en Android 7.1 versión de desenvolvemento r11. Véxase que aparece listado "gl" de "galego".
  3. The Android Source Code Android Open Source Project. Google. Visto o 6 de maio de 2017.
  4. Pólas do kernel de linux en android.googlesource.com
  5. Google (ed.). "Licenses". Android Open Source Project (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2017. 
  6. developer.android, ed. (27 de xaneiro de 2012). "What is Android?" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2012. 
  7. Paul, Ryan (23 de febreiro de 2009). "Dream(sheep++): A developer's introduction to Google Android". Ars Technica (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  8. " Conseguímolo. Grazas Arquivado 18 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Android en Galego. 15 de outubro de 2014
  9. Android, por fin dispoñíbel en galego. Conseguímolo! Arquivado 18 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Mallando no Android. 15 de outubro do 2015.
  10. "El plan de Google para llevar Internet y smartphones a todos los habitantes del mundo" (en castelán). 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne