Baht

1 baht de 1962 (anverso)
1 baht de 1962 (reverso)

O baht[1] (en tailandés: บาท, símbolo: ฿, código ISO 4217: THB) é a unidade de moeda oficial en Tailandia. Cada baht divídese en 100 satang (สตางค์). A emisión de moedas e billetes baht é responsabilidade do Banco de Tailandia.

O nome tailandés baht aplícase orixinalmente a unha unidade de medida de peso, empregada para metais preciosos, como o ouro. Neste sentido, o termo é aínda hoxe en día, utilizado polos xoieiros en Tailandia, e equivale a 15,244 gramos.

  1. "baht". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne