Baixa Saxonia

Modelo:Xeografía políticaBaixa Saxonia
Niedersachsen (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Lema«Niedersachsen. Klar.» (2016–) Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aSaxóns Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°45′22″N 9°23′35″L / 52.7561, 9.3931Coordenadas: 52°45′22″N 9°23′35″L / 52.7561, 9.3931
EstadoAlemaña Editar o valor em Wikidata
CapitalHannover Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Ammerland (pt) Traducir
Aurich (pt) Traducir
Braunschweig Editar o valor em Wikidata../... 45+
Poboación
Poboación8.003.421 (2021) Editar o valor em Wikidata (168,09 hab./km²)
Lingua usadaLingua frisoa oriental
East Frisian Low Saxon (en) Traducir
Lingua baixo alemá
Hochdeutsch (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie47.614,07 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar do Norte e German Bight (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude13 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoWurmberg (971,2 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de novembro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Minister-President of Lower Saxony (en) Traducir Editar o valor em WikidataStephan Weil (pt) Traducir (2013–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoLandtag of Lower Saxony (en) Traducir , (Escano: 146) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of Lower Saxony (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2DE-NI Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDE9 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña03 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webniedersachsen.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: Niedersachsen Instagram: niedersachsen.de Editar o valor em Wikidata

A Baixa Saxonia[1][2] (en alemán Niedersachsen, en baixo saxón: Neddersassen, en frisón oriental: Läichsaksen) é un dos dezaseis estados federados de Alemaña. O estado ten unha poboación preto dos oito millóns de habitantes nunha superficie de 47,618 km², sendo o segundo estado maior en terreo da Alemaña e o cuarto en poboación. A lingua maioritaria é o alemán, aínda que nalgunhas zonas rurais segue a empregarse o baixo saxón (Plattdeutsch).

A Baixa Saxonia está bañado no seu extremo setentrional polo Mar do Norte, facendo fronteira cos Estados de Schleswig-Holstein, Hamburgo, e Mecklemburgo-Antepomerania ao norte; Brandeburgo e Saxonia-Anhalt ao leste; Turinxia, Hessen e Renania do Norte-Westfalia ao sur; e cos Países Baixos ao oeste. En total, a Baixa Saxonia é o estado alemán que está rodeado por máis estados distintos. O Estado de Bremen forma dous enclaves dentro da Baixa Saxonia, un a Cidade de Bremen e outro a cidade portuaria de Bremerhaven. As principais cidades do estado son Hannover, Braunschweig, Lüneburg, Osnabrück, Oldenburg e Gotinga (Göttingen). Hai unha importante presenza de galegos, especialmente en cidades como Buxtehude, Stade e Cuxhaven, onde hai un Centro Galego.[3][4]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Diciopedia do século 21. Galaxia. p. 1508. ISBN 9788482893600. 
  3. "Cocido-galego-na-Baixa-Saxonia". emigracion.xunta.gal. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  4. Emigración, Secretaría Xeral da. "Centro Cultural Gallego de Cuxhaven". Consultado o 2023-09-16. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne