Celtiberos

Os pobos celtiberos:
     Arévacos      Pelendones      Berones      Belos      Tittos      Lobetanos      Lusones

O termo celtiberos[1] acostuma usarse para as tribos celtas ou celtizadas da Península Ibérica, así como os idiomas que estes grupos falaban, aínda que en realidade o termo celtibero se refire unicamente a un dos pobos célticos da Península Ibérica, existindo outros con outros nomes (vetóns, vacceos, lusitanos, carpetanos etc.). Este pobo celtibero habitaba no oeste da Cordilleira Ibérica.[2] Os romanos considerábanos unha mestura de celtas e iberos,[3] diferenciándose así dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos iberos da costa. Hoxe sábese que os celtiberos foron un pobo de lingua e cultura celta.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para celtibero.
  2. Os romanos chamábanlles Idoubeda
  3. Marcial no século I d. C., así os consideraba nun dos seus epigramas, "¿por que me chamas irmán a min, que descendo de celtas e de iberos e son cidadán do Teixo?". Ver: Epigramas de Marco Valerio

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne