Cesio

Cesio
Rb
 
 
55
Cs
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Cs
Fr
XenonCesioBario
Táboa periódica dos elementos
Liñas espectrais do Cesio
Información xeral
Nome, símbolo, número Cesio, Cs, 55
Serie química Alcalinos
Grupo, período, bloque 1, 6, s
Densidade 1879 kg/m3
Dureza 0,2
Aparencia Prateado dourado
N° CAS 7440-46-2
N° EINECS 231-155-4
Propiedades atómicas
Masa atómica 132,90545196[1] u
Raio medio 260 pm
Raio atómico (calc) 298 pm
Raio covalente 244±11 pm
Raio de van der Waals 343 pm
Configuración electrónica [Xe]6s1
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 18, 8, 1
Estado(s) de oxidación +1, −1[2]
Óxido base forte
Estrutura cristalina cúbica centrada no corpo
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 301,59[3] K
Punto de ebulición 944 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 63,9 kJ/mol
Entalpía de fusión 2,092 kJ/mol
Presión de vapor 2,5 kPa
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar {{{volume_molar}}} m3/mol
Velocidade do son {{{velocidade}}} m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 0,79
Calor específica 240 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 4,89 × 106 S/m
Condutividade térmica 35,9 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 375,7 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 2234,3 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3400 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
133Cs100 %estable con 78 neutróns
134CsSintético2,0648 aε
ß-
1,229
2,059
134Xe
134Ba
135CsTrazas2,3 × 106 aß-0,269135Ba
137CsTrazas30,17 aß-1,174137Ba
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

O cesio é un elemento químico de símbolo Cs e número atómico 55. É un metal alcalino brando de cor prateada-dourada, cun punto de fusión de 28,44 °C (301,59 K), un dos únicos cinco metais elementais que se poden atopar en estado líquido a temperatura ambiente.[a] As súas propiedades físicas e químicas aseméllanse ás do rubidio e ás do potasio. É extremadamente reactivo e pirofórico, reaccionando coa auga a temperaturas de ata −116 °C (157 K). É o elemento químico menos electronegativo e só ten un isótopo estable, o cesio-133. Obtense principalmente da extracción do mineral polucita, mentres que os seus radioisótopos, en especial o cesio-137 que é un produto de fisión, obtéñense dos residuos producidos polos reactores nucleares.

Foi descuberto no ano 1860 polos científicos alemáns Robert Bunsen e Gustav Kirchhoff mediante o método de análise espectral. O seu nome procede do latín caesius, que significa "azul ceo". As primeiras aplicacións a pequena escala deste elemento foron en tubos de baleiro e células fotoeléctricas. En 1967, baseándose na definición da velocidade da luz de Einstein como a dimensión máis constante do universo, o Sistema Internacional de Unidades illou dúas emisións de ondas específicas do espectro do cesio-133 para definir as medidas do segundo e do metro. Dende entón o cesio foi empregado habitualmente en reloxos atómicos de alta precisión.

Dende os anos 1990 a súa principal aplicación foi en forma de formiato de cesio para fluídos de perforación, pero tamén se emprega o elemento en aplicacións eléctricas, electrónicas e químicas. O isótopo radioactivo cesio-137 ten unha vida media duns 30 anos e úsase en aplicacións médicas, industriais e hidrolóxicas. O elemento presenta unha toxicidade media e considérase un metal perigoso, e os seus radioisótopos supoñen un risco para a saúde cando se liberan no ambiente.

  1. "Standard atomic weights". CIAAW. Consultado o 17 de decembro de 2015. 
  2. Dye, J. L. (1979). "Compounds of Alkali Metal Anions". Angewandte Chemie International Edition 18 (8): 587–598. doi:10.1002/anie.197905871. 
  3. "Caesium: the essentials". WebElements. Consultado o 17 de decembro de 2015. 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne