Costro

Comparación entre o costro e o leite humanos.
Á esquerda costro recollido no 4º día de lactación, e á dereita leite recollido no oitavo día. O costro adoita a ter un ton máis amarelo que o do leite.

O costro (do latín colostrum[1], tamén chamado formigo ou leite tenreiro[2]) é un tipo de leite elaborado polas glándulas mamarias dos mamíferos (humanos incluídos), que é o primeiro leite producido, e empeza a segregarse ao final do embarazo. A maioría das especies xeran costro xusto despois de dar a luz. O costro contén anticorpos que protexen ao neonato de enfermidades, e é máis baixo en graxas[3] e máis alto en proteínas que o leite normal.

  1. "Costro". Portal das Palabras. Consultado o 4 de agosto de 2016. 
  2. DRAG Costro Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  3. L. Saint, Margret Smith, P. E. Hartmann (1984). "The yield and nutrient content of colostrum and milk of women from giving birth to 1 month post-partum". British Journal of Nutrition 52: 91. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne