Crioulo

Crioulo[1] é un europeísmo empregado dende a época da colonización europea de América, aplicándoo ós nados no continente americano, pero cunha orixe europea. A diferenza do indíxena, o crioulo era nas colonias españolas un habitante nado en América de pais europeos (usualmente españois pero tamén doutras orixes étnicas), ou descendente soamente deles.

Tamén se usa o termo crioulismo para designar ó movemento dos fillos de españois nados en España que buscaban unha identidade propia a través do pasado indíxena, de símbolos propios e da exaltación de todo o relacionado co americano. A súa identidade foise fortalecendo como consecuencia das reformas borbónicas que os relegaron dos principais cargos políticos e eclesiásticos en Nova España, situación determinante para o estoupido do movemento insurxente e a consumación da independencia.

A mediados do século XVIII os crioulos de orixe española controlaban boa parte do comercio e da propiedade agraria, polo que tiñan un gran poder económico e unha gran consideración social, pero estaban desprazados dos principais cargos políticos en favor dos nados en España.

En Nova España, a lei prohibía o matrimonio entre un funcionario español peninsular en exercicio e unha crioula; é dicir, muller branca nada en América descendente de españois. Isto non impedía que se efectuasen unións de feito entre mulleres crioulas e funcionarios españois.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para crioulo.
  2. "Las mujeres en Nueva España: orden establecido y márgenes de actuación". Historia de las mujeres, tomo III, Del Renacimiento a la Edad Moderna, pág. 648-668. Madrid, Santillana 2000. ISBN 84-306-0390-5. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne