Descontinuidade de Gutenberg

Esquema do interior da Terra.
B: Descontinuidade de Gutenberg
4: Manto
5: Núcleo externo.

A descontinuidade de Gutenberg é a superficie de descontinuidade que marca a separación entre o manto inferior e núcleo externo da Terra, situada a uns 2 900 km de profundidade.

Caracterízase porque as ondas sísmicas S non poden atravesala, e porque as ondas sísmicas P diminúen bruscamente a súa velocidade, pasando de 13 a 8 km/s.

Baixo este límite é onde se xeran as correntes electromagnéticas que dan orixe ao campo magnético terrestre, grazas á acción convectiva do rozamento entre o núcleo externo, formado por materiais ferromagnéticos e o manto.

Leva o nome do seu descubridor, Beno Gutenberg, sismólogo alemán, que a descubriu en 1914.[1]

  1. Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. (2005): Ciencias de la Tierra, 8ª ed. Madrid: Pearson Educación S. A. ISBN 84-205-4400-0

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne