Eritropoetina

Modelo da eritropoetina.
Estrutura da EPO.

A eritropoetina ou EPO [1] (tamén chamada hematopoetina ou hemopoetina) é unha hormona glicoproteica que controla a formación de células sanguíneas vermellas ou eritropoese. Funciona como unha citocina para os precursores dos eritrocitos na medula ósea.

Prodúcena as células intersticiais dos riles, que están en estreita asociación cos capilares peritubulares e as células epiteliais tubulares. Prodúcena tamén as células de Ito perisinusoidais do fígado. A produción hepática é a que predomina no feto e no período perinatal, pero a produción renal predomina nos adultos. Ademais de regular a produción de glóbulos vermellos (eritrocitos) ten outras funcións biolóxicas como por exemplo, xoga un importante papel na resposta do cerebro aos danos neuronais,[2] e está implicada no proceso de curación de feridas.[3]

Cando se usa EPO exóxena como substancia dopante que aumenta o rendemento, clasifícase como axente estimulante da eritropoese (ESA). A EPO exóxena pode detectarse no sangue, porque ten pequenas diferenzas coa proteína endóxena, como por exemplo, no tipo de modificación postraducional.

  1. UniProt Erythropoietin
  2. Siren AL; et al. (2001). "Erythropoietin prevents neuronal apoptosis after cerebral ischemia and metabolic stress". Proc Natl Acad Sci USA 98 (7): 4044–4049. PMC 31176. PMID 11259643. doi:10.1073/pnas.051606598. 
  3. Haroon ZA, Amin K, Jiang X, Arcasoy MO (2003). "A novel role for erythropoietin during fibrin-induced wound-healing response". Am. J. Pathol. 163 (3): 993–1000. PMC 1868246. PMID 12937140. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne