Escala de Pauling

A escala de Pauling é unha clasificación da electronegatividade dos átomos. Débelle o seu nome a Linus Pauling.

Nela, o elemento máis electronegativo (flúor), ten un índice de 4, mentres que o menos electronegativo (francio) leva un valor de 0,7. Os demais átomos levan asignados valores intermedios.

Globalmente pode dicirse que a electronegatividade aumenta de esquerda a dereita na táboa periódica dos elementos e que decae cara a abaixo. Deste xeito os elementos de forte electronegatividade están na esquina superior dereita da táboa.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne