Euro

Euro
евро (en búlgaro), ευρώ (en grego), euró (en húngaro), eiro (en letón), еuras (en lituano), ewro (en maltés) e evro (en esloveno)
Símbolo do euroMoeda de 1 euro
Código:EUR
Ámbito: Eurozona:
Alemaña Alemaña
Austria Austria
Bélxica Bélxica
Chipre Chipre
Croacia Croacia
Eslovaquia Eslovaquia
Eslovenia Eslovenia
España España
Estonia Estonia
Finlandia Finlandia
Francia
Grecia Grecia
Irlanda Irlanda
Italia Italia
Letonia Letonia
Lituania Lituania
Malta Malta
Luxemburgo Luxemburgo
Países Baixos Países Baixos
Portugal Portugal

Outros estados:
Andorra Andorra
Cidade do Vaticano Cidade do Vaticano
Mónaco Mónaco
San Marino San Marino

Sen carácter oficial:
Kosovo Kosovo
Montenegro Montenegro
Símbolo:
Fracción:100 céntimos[1]
Moedas:1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos, 1 euro e 2 euros
Billetes:5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros
Emisor:Banco Central Europeo
Taxa de troco:
2023
1 USD = 0,90 EUR
Troco actual
Billetes de euro (2019)

O euro (EUR ou ) é a moeda usada polas institucións da Unión Europea (UE), así como a moeda oficial da eurozona, formada por 20 dos 27 Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Ademais, 4 microestados europeos teñen acordos coa Unión Europea para o uso do euro como moeda: Andorra, Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino. Por outra banda, o euro foi adoptado de maneira unilateral por Montenegro e Kosovo.

Uns 388 millóns de cidadáns viven nos 20 países da eurozona.[2] Ademais, máis de 240 millóns de persoas ao redor do mundo usan moedas fixadas ao euro, incluíndo máis de 190 millóns de africanos.[Cómpre referencia] O euro é a segunda moeda de reserva así como a segunda moeda máis negociada no mundo, despois do dólar estadounidense.[3][4][5][6]

En decembro de 2019, con máis de 1,3 billóns de euros en circulación, o euro ten un dos valores combinados de billetes e moedas máis altos en circulación do mundo.[7][8] O euro divídese en 100 céntimos.

O nome de «euro» foi adoptado oficialmente o 16 de decembro de 1995 en Madrid.[9] O euro introduciuse nos mercados financeiros mundiais como unha moeda de conta o 1 de xaneiro de 1999, substituíndo a antiga Unidade Monetaria Europea (ECU) nunha proporción de 1:1.

As moedas e billetes entraron en circulación o 1 de xaneiro de 2002 nos 12 Estados da Unión Europea que adoptaron o euro naquel ano:[10] Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal.

Ese mesmo ano tamén adoptaron o euro os estados europeos de Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino, que tiñan acordos con países da Unión Europea, e Andorra, aínda que este de maneira non oficial. Non foi ata o 2011 cando Andorra asinou un acordo monetario coa Unión Europea, o cal entrou en vigor o 1 de abril de 2012, que supuxo a adopción do euro por Andorra de maneira oficial.

O 1 de xaneiro de 2007, Eslovenia incorporouse á zona euro.[11] Malta[12] e Chipre[13] fixérono o 1 de xaneiro de 2008 e Eslovaquia o 1 de xaneiro de 2009.[14]

Estonia incorporouse o 1 de xaneiro de 2011,[15] sendo o primeiro país que formara parte da URSS que se converteu en membro da eurozona.

Letonia incorporouse o 1 de xaneiro de 2014,[16] Lituania, o 1 de xaneiro de 2015,[17] e Croacia o 1 de xaneiro de 2023, sendo o último país en adoptar a moeda común europea.[18]

Oito países da Unión Europea non adoptaron o euro aínda: Bulgaria, Dinamarca, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Suecia. Tampouco o fixo o Reino Unido durante os seus anos de pertenza á Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da eurozona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

  1. "cent". Diccionario panhispánico de dudas. RAE. 
  2. "Zona del euro". Comisión Europea. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  3. "Foreign exchange turnover in April 2013: preliminary global results" (PDF). Bank for International Settlements. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  4. "Triennial Central Bank Survey 2007" (PDF). BIS. 19 de decembro de 2007. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  5. Aristovnik, Aleksander; Čeč, Tanja (30 de marzo de 2010). "Compositional Analysis of Foreign Currency Reserves in the 1999–2007 Period. The Euro vs. The Dollar As Leading Reserve Currency" (PDF). Munich Personal RePEc Archive, Paper No. 14350. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  6. Boesler, Matthew (11 denovembro de 2013). "There Are Only Two Real Threats to the US Dollar's Status As The International Reserve Currency". Business Insider. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  7. "1.2 Euro banknotes, values". European Central Bank Statistical Data Warehouse. 14 de aneiro de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  8. "2.2 Euro coins, values". European Central Bank Statistical Data Warehouse. 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  9. "Consejo Europeo de Madrid (12/1995): Conclusiones". Parlamento europeo. 
  10. "La introducción inicial del euro (2002)". Banco Central Europeo. 
  11. "La introducción del euro en Eslovenia (2007)". Banco Central Europeo. 
  12. "La introducción del euro en Malta (2008)". Banco Central Europeo. 
  13. "La introducción del euro en Chipre (2008)". Banco Central Europeo. 
  14. "La introducción del euro en Eslovaquia (2009)". Banco Central Europeo. 
  15. "La introducción del euro en Estonia (2011)". Banco Central Europeo. 
  16. "Letonia, pese a sus reticencias, entra en 2014 con el euro como moneda". Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  17. "Lituania adopta el euro desde este 1 de enero". BBC. 1 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  18. "Croacia entra en Schengen y comienza a usar el euro". Televisión Española (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne