Fidxi

Modelo:Xeografía políticaFidxi
Republic of Fiji (en)
Matanitu Tugalala o Viti (fj)
Fidźi Ganaradźja (hif)
Viti (fj) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoMeda dau doka Editar o valor em Wikidata

Lema«Rerevaka na Kalou ka Doka na Tui»
«Fear God and honour the Queen»
«Бой се от Бога, почитай кралицата» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 18°S 178°L / -18, 178Coordenadas: 18°S 178°L / -18, 178
CapitalSuva Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación905.502 (2017) Editar o valor em Wikidata (49,55 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua fidxiana
Hindi de Fidxi Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie18.274 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Tomanivi (1.324 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1970 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataWiliame Katonivere (2021–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataSitiveni Rabuka (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Fidxi , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal4.296.235.428 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar fidxiano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+12 (pt) Traducir
Pacific/Fiji (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dominio de primeiro nivel.fj Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+679 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxenciaEmergência 000 (pt) Traducir, 911 e 919 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísFJ Editar o valor em Wikidata

Páxina webfiji.gov.fj… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX456535

Fidxi[1][2] (Escoitari/ˈfi/ en inglés: Fiji; en fidxiano: Matanitu ko Viti; en hindustano: फ़िजी, فِجی,[3]), oficialmente a República de Fidxi,[4] é un país insular en Melanesia, parte de Oceanía no sur do océano Pacífico. Atópase a uns 20000 km. ao nordés de Nova Zelandia. Fidxi está formado por un arquipélago de máis de 330 illas, das cales unhas 110 están habitadas permanentemente, e máis de 500 illotes, o que supón unha superficie total duns 18.300 km². O grupo de illas máis periférico é Ono-i-Lau. Aproximadamente o 87% da poboación total de 924.610 habitantes vive nas dúas illas principais, Viti Levu e Vanua Levu. Cerca de tres cuartas partes dos fidxiáns viven nas costas de Viti Levu: ben na cidade capital de Suva ou en centros urbanos máis pequenos como Nadi, onde o turismo é a principal industria local, ou en Lautoka, onde a industria da cana de azucre é dominante. O interior de Viti Levu está pouco habitado debido ao seu terreo.[5]

A maioría das illas de Fidxi formáronse pola actividade volcánica que comezou hai uns 150  millóns de anos. Algunha actividade xeotérmica aínda ocorre hoxe nas illas de Vanua Levu e Taveuni.[6] Os sistemas xeotérmicos de Viti Levu son de orixe non volcánica e teñen descargas superficiais de baixa temperatura (entre aproximadamente 35 º e 60 °C).

Os humanos viven en Fidxi desde o segundo milenio antes de Cristo, primeiro os austronesios e máis tarde os melanesios, con algunhas influencias polinesias. Os europeos visitaron Fidxi por primeira vez no século XVII.[7] En 1874, despois dun breve período no que Fidxi era un reino independente, os británicos estableceron a colonia de Fidxi. Fidxi funcionou como colonia da Coroa ata 1970, cando se independizou e pasou a ser coñecida como Dominio de Fidxi. En 1987, tras unha serie de golpes de estado, o goberno militar que tomara o poder declarouno república. Nun golpe de estado de 2006, o comodoro Frank Bainimarama tomou o poder. En 2009, o Tribunal Superior de Fidxi determinou que o liderado militar era ilegal. Nese momento, o Presidente "Ratu" Josefa Iloilo, a quen os militares mantiveran como xefe de estado nominal, derogou formalmente a Constitución de 1997 e volveu nomear a Bainimarama como primeiro ministro. Máis tarde, en 2009, "Ratu" Epeli Nailatikau sucedeu a Iloilo como presidente.[8] O 17 de setembro de 2014, despois de anos de atrasos, tiveron lugar unhas eleccións democráticas. O partido FijiFirst de Bainimarama obtivo o 59,2% dos votos, e os observadores internacionais consideraron que as eleccións eran cribles.[9]

Fidxi ten unha das economías máis desenvolvidas do Pacífico[10] polos seus abundantes recursos forestais, minerais e pesqueiros. A moeda é o dólar fidxiano, sendo as principais fontes de divisas a industria turística, as remesas dos fidxiáns que traballan no estranxeiro, as exportacións de auga embotellada e a cana de azucre. O Ministerio de Goberno Local e Desenvolvemento Urbano supervisa o goberno local de Fidxi, que toma a forma de concellos de cidades e vilas.[11]

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Deverson, Tony; Kennedy, Graeme, eds. (2005). "Fiji". The New Zealand Oxford Dictionary. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-558451-6. doi:10.1093/acref/9780195584516.001.0001. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  4. En febreiro de 2011, a oficina do primeiro ministro emitiu un comunicado dicindo que o nome do estado cambiou oficialmente de República das Illas Fiji a "República de Fidxi" e que o nome escrito na constitución de 1997 era agora nulo (a constitución está suspendida desde abril de 2009). Compare: "Country is now officially called Republic of Fiji". Fijivillage.com. 3 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016. The country is now officially called Republic of Fiji.
    O Secretario permanente da Oficina do Primeiro Ministro, o coronel Pio Tikoduadua dixo que o nome, República das Illas Fidxi, tal e como se indica na constitución de 1997 xa non é aplicable.
     
  5. "Fiji: People". United States of America State department. 28 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  6. "Fiji Geography". fijidiscovery.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  7. "Fiji: History". infoplease.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  8. "Fiji's president takes over power". BBC. 10 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  9. Perry, Nick; Pita, Ligaiula (29 de setembro de 2014). "Int'l monitors endorse Fiji election as credible". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2014. Consultado o 25 de setembro de 2014. 
  10. "Fiji High Commission :: About Fiji". www.fiji.org.nz. Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  11. "Fiji – Our Government". fiji.gov.fj. 9 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne