Filipinas

Modelo:Xeografía políticaFilipinas
Republika ng Pilipinas (tl)
Pilipinas (tl) Editar o valor em Wikidata

HimnoLupang Hinirang Editar o valor em Wikidata

Lema«Maka-Diyos, Maka-Tao, Makakalikasan at Makabansa (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aFilipe II de España Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°N 123°L / 12, 123Coordenadas: 12°N 123°L / 12, 123
CapitalManila Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación109.035.343 (2020) Editar o valor em Wikidata (317,47 hab./km²)
Número de fogares26.393.906 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialLingua filipina
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo, Islam e cristianismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie343.448 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar da China Meridional, Mar de Filipinas e Mar de Célebes Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Apo (2.954 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar de Filipinas (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Cronoloxía
1565Capitanía Xeneral de Filipinas
4 de xullo de 1901Governo Insular das Ilhas Filipinas (pt) Traducir
15 de novembro de 1935Mancomunidade Filipina
4 de xullo de 1946Third Republic of the Philippines (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
Órgano executivogoverno das Filipinas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataBongbong Marcos (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCongresso das Filipinas (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal394.087.362.017 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedapeso filipino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ph Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+63 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911 (Philippines) (en) Traducir e 117 Editar o valor em Wikidata
Código de paísPH Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov.ph Editar o valor em Wikidata
Facebook: nationalgovernmentportal BNE: XX1788318 Editar o valor em Wikidata

Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital é Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.[1] A súa localización no cinto de lume do Pacífico e o seu clima tropical convérteno nun lugar propenso a terremotos e tifóns.[2] O país é rico en recursos naturais e atópase nunha das zonas con maior biodiversidade do mundo.[3][4] Está formado por 7641 illas que se clasifican xeograficamente en tres grupos: o da illa de Luzón, o das Visayas e o da illa de Mindanao.

Filipinas ten unha poboación estimada de 107 millóns de habitantes;[5] ademais, é o 12.º país máis poboado do mundo sen ter en conta aos 12 millóns de filipinos que viven no estranxeiro. Varias etnias e culturas conviven ao longo das súas illas.[5][6] Catalogado como un país recentemente industrializado,[5] a súa economía continúa o constante crecemento que iniciou desde a súa independencia. As reformas económicas implementadas a inicios do século XXI lograron que o sector servizos desprazase á agricultura como a principal actividade económica, e agora este achega máis da metade do PIB.[7] Con todo, aínda enfronta diversos retos nas súas infraestruturas: a falta de desenvolvemento no sector turístico, a educación, a atención á saúde e o desenvolvemento humano.[8]

En tempos prehistóricos, os negritos foron algúns dos primeiros habitantes do arquipélago,[9] seguidos por ondas sucesivas de pobos austronesios que trouxeron consigo tradicións e costumes de Malaisia da India e do mundo islámico, mentres que o comercio introduciu algúns aspectos culturais chineses.[10][11]

En 1521, a chegada do explorador portugués Fernando de Magalhães marcou o comezo dunha era de influencia e posterior dominio español.[12] Miguel López de Legazpi estableceu o primeiro asentamento español en Filipinas en 1565, coa fundación de Cebú. En 1571 fundou a cidade de Manila, que se convertería no centro administrativo e económico do Imperio español en Asia e porto de partida do galeón de Manila con destino Acapulco.[13] Tres séculos de influencia española deron lugar a unha cultura hispano-asiática, patente na arte, música, gastronomía e costumes de Filipinas, en especial a súa relixión católica. Tamén xurdiu unha variante filipina do idioma español, que floreceu na segunda metade do século XIX e primeira do século XX.

A finais do século XIX estalou a revolución filipina, apoiada polos Estados Unidos, e posteriormente a guerra hispano-estadounidense que deu lugar á cesión das illas por España a EE.  UU. en 1898. As desavinzas entre a nova República Filipina e EE. UU. desembocaron na guerra filipino-estadounidense que acabou coa vitoria estadounidense en 1903. Desta forma, Estados Unidos substituíu a España como potencia dominante.[14][15] A excepción do período da ocupación xaponesa, os estadounidenses mantiveron a soberanía sobre as illas ata o final da segunda guerra mundial en 1946. Desde a independencia, o país atravesou varias crises políticas que serviron para definir as características dunha república constitucional.[16][17][18]

O legado dos distintos períodos históricos reflíctese na actual cultura do país, que é unha combinación do indíxena prehispánico con elementos chineses e a cultura hispánica, debido a tres séculos de presenza española. Esta cultura mestiza está presente na gastronomía, na música, nos bailes e na arte filipina. O carácter hispánico é máis evidente na súa relixión católica, no seu legado arquitectónico, en especial nas igrexas e casas de estilo colonial, en moitos topónimos do país e en nomes e apelidos.[19] Finalmente, a herdanza dos Estados Unidos perdura na lingua inglesa e nunha maior afinidade coa cultura popular.

  1. Oficina de Información Diplomática del Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación (xullo de 2021). "Filipinas" (PDF) (en castelán). Consultado o 12 de marzo do 2022. 
  2. Instituto Nacional de Informática de Japón (2010). "デジタル台風:月ごとの台風経路図(台風進路図)". NII.ac.jp (en japonés). Consultado o 12 de marzo do 2022. 
  3. "Natural Resources and Environment in the Philippines". eTravel Pilipinas.com (en inglés). 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 12 de marzo do 2022. 
  4. Williams, Jann, Cassia Read, Tony Norton, Steve Dovers, Mark Burgman, Wendy Proctor e Heather Anderson (2001). "Biodiversity Theme Report". CSIRO on behalf of the Australian Government Department of the Environment and Heritage (en inglés). ISBN 0643067493. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 12 de marzo do 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 CIA (2011). "Philippines". The World Factbook (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2015. Consultado o 12 de marzo do 2022. 
  6. Oficina Nacional de Estadísticas (2009). "The Philippines in Figures 2009" (PDF). Census.gov (en inglés). ISSN 1655-2539. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de febrero de 2014. Consultado o 12 de marzo do 2022. 
  7. Junta Nacional de Coordinación Estadística. "Third Quarter 2009 Gross National Product and Gross Domestic Product by Industrial Origin". NSCB.gov.ph (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  8. PNUD. "Última clasificación do índice de desenvolvemento humano (Informe Desarrollo Humano 2020". UNDP.org (en inglés). Consultado o 12 de marzo do 2022. 
  9. (Scott 1984, p. 138)
  10. (Ring, Salkin & La Boda 1996, pp. 565-569)
  11. (Agoncillo 1990, p. 22)
  12. Zaide, Gregorio F. and Sonia M. Zaide (2004). Philippine History and Government (en inglés) (6ª ed.). All-Nations Publishing Company. 
  13. Joaquin, Nick (1988). Culture and History: Occasional Notes on the Process of Philippine Becoming (en inglés). Manila: Solar Publishing. 
  14. (Price 2002, pp. XII-XVI)
  15. Gates, John M. (novembro de 2002). "The Pacification of the Philippines". The U.S. Army and Irregular Warfare (en inglés). 
  16. Gobierno de Filipinas (2007). "General Information". Gov.ph (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2007. Consultado o 13 de marzo do 2022. 
  17. Gargan, Edward A. (11 de decembro de 1997). "Last Laugh for the Philippines; Onetime Joke Economy Avoids Much of Asia's Turmoil". The New York Times (en inglés). Consultado o 13 de marzo do 2022. 
  18. (Chandler & Steinberg 1987, pp. 431-442)
  19. (Dumont 1992, pp. 160-162)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne