Francisco de Goya

Infotaula de personaFrancisco de Goya

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco José de Goya y Lucientes Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1746 Editar o valor em Wikidata
Fuendetodos, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 1828 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Bordeos, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChartreuse Cemetery (en) Traducir
camposanto de San Isidro
Ermita de San Antonio de la Florida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaQuinta del Sordo (pt) Traducir (1819–1824) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAragonese people (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Santo Tomás de Aquino das Escolas Pias de Saragoça (pt) Traducir
Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis
Real Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e Gravado Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid (1773–1823)
España (1771–1773)
Italia (1770–1771)
Madrid (1763–1770)
Cádiz
Roma
Bordeos
Sevilla
Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , augafortista , debuxante , litógrafo , gravador , artista visual Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato pictórico, pintura mitolóxica, cenas de batalha (pt) Traducir, Pintura de historia, pintura relixiosa, retrato, pintura de xénero e Natureza morta Editar o valor em Wikidata
MovementoRomanticismo e Rococó Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJosé Luzán Martínez (pt) Traducir e Joaquín Ibáñez de Jesús y María (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAntonio de Brugada Vila (pt) Traducir, Agustín Esteve y Marques (pt) Traducir, Luis Gil y Ranz (pt) Traducir e Maria del Rosario Weiss (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJosefa Bayeu
FillosFrancisco Javier Goya Bayeu Editar o valor em Wikidata
PaisJosé Benito de Goya y Franque Editar o valor em Wikidata  e Gracia de Lucientes y Salvador Editar o valor em Wikidata
ParentesFrancisco Bayeu (pt) Traducir (cuñado)
Manuel Bayeu (pt) Traducir (cuñado)
Ramón Bayeu y Subías (pt) Traducir (cuñado) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX947939 Dialnet: 2278025 Musicbrainz: 7d71c8b7-d756-474f-aefc-ae015d213124 Discogs: 2272949 WikiTree: Goya-1 Find a Grave: 1651 Editar o valor em Wikidata

Francisco José de Goya y Lucientes, nado en Fuendetodos (Zaragoza) o 30 de marzo de 1746 e finado en Bordeos (Francia) o 16 de abril de 1828, foi un pintor e gravador español. A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o Romanticismo. A arte goiesca supón, así mesmo, o comezo da Pintura contemporánea, e é considerado o precursor das vangardas pictóricas do século XX.

Tras unha lenta aprendizaxe na súa terra natal, no ámbito estílistico do barroco tardío e as estampas devotas, viaxa a Italia en 1770, onde traba contacto co incipiente neoclasicismo, que adopta cando marcha a Madrid a mediados desa década, xunto cun pintoresquismo costumista rococó derivado do seu novo traballo como pintor de cartóns para os tapices da manufactura real de Santa Bárbara. O maxisterio nesta actividade e noutras relacionadas coa pintura de corte impoñíao Mengs, e o pintor español máis reputado era Francisco Bayeu, que foi cuñado de Goya.

Unha grave enfermidade da que adoece en 1793 lévao a achegarse a unha pintura máis creativa e orixinal, que expresa temáticas menos amables que os modelos que pintara para a decoración dos palacios reais. Unha serie de cadriños en folla de lata, ós que el mesmo denomina de capricho e invención, inician a fase madura da obra do artista e a transición cara a unha estética romántica.

Ademais, a súa obra reflicte o convulso período histórico no que vive, particularmente a Guerra da Independencia, da que a serie de estampas dos Desastres da guerra é case unha reportaxe moderna das atrocidades cometidas e compoñen unha visión exenta de heroísmo onde as vítimas son sempre os individuos de calquera clase e condición.

Gran popularidade ten a súa Maja desnuda, en parte favorecida pola polémica xerada en torno á identidade da bela retratada. De comezos do século XIX datan tamén outros retratos que emprende o camiño cara á nova arte burguesa. Ó final do conflito hispano-francés pinta dous grandes cadros a propósito dos sucesos do levantamento do dous de maio de 1808, que sentan un precedente tanto estético como temático para o cadro de historia, que non só comenta sucesos próximos á realidade que vive o artista, senón que acada unha mensaxe universal.

Pero a súa obra culminante é a serie de pinturas ó óleo sobre o muro seco con que decorou a súa casa de campo (a Quinta do Xordo), as Pinturas negras. Nelas Goya anticipa a pintura contemporánea e os variados movementos de vangarda que marcarían o século XX.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne