Francisella

Francisella é un xénero de bacterias patóxenas gramnegativas, e único xénero da familia Francisellaceae (Franciseláceas)[1]. Teñen forma de pequenos cocobacilos ou bacilos, non son mótiles, e son tamén parasitos intracelulares facultativos de macrófagos.[2] Son organismos estritamente aerobios.

O xénero foi nomeado en honor do bacteriólogo americano Edward Francis, que foi o primeiro en recoñecer en 1922 a F. tularensis (entón chamada Bacterium tularensis) como o axente causante da tularemia.[3]

  1. LPSN Classification of families ver Lista de xéneros incluídos na familia Arquivado 02 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  2. Allen LA (2003). "Mechanisms of pathogenesis: evasion of killing by polymorphonuclear leukocytes". Microbes Infect 5 (14): 1329–35. PMID 14613776. doi:10.1016/j.micinf.2003.09.011. 
  3. Francis E (1921). "Tularemia. I. The occurrence of tularemia in nature as a disease of man". Public Health Rep (36): 1731–53. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne