Nomeado en referencia a | Belgae (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Período histórico | Imperio Romano | ||||
Prefeitura pretoriana (pt) ![]() | prefeitura pretoriana da Gália (pt) ![]() | ||||
Diócese | Diocese da Gália (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital | Reims Tréveris ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 22 a. C. ![]() | ||||
Disolución | século V ![]() | ||||
Sucedido por | Xermania Superior ![]() | ||||
A provincia romana da Gallia Belgica (Galia Belga) do principio do período imperial correspondíase practicamente co conxunto territorial das tribos da antiga Federación belga, é dicir, os territorios situados entre o Rin e o Sena, aos que Xulio César lles daba o nome de Belgium. Ao principio, a capital da provincia foi Reims e despois, nunha data indeterminada (pero probabelmente non antes do final do Baixo Imperio Romano), a capital pasou para Tréveris. Na época de Octavio Augusto, a provincia de Bélxica incluía os seguintes territorios tribais ou ciuitates:
As fronteiras da provincia belga, tanto coa Galia Lionesa como coa Xermania, non están claras a principios do período imperial. Parece que as tribos dos Tongres, Lingones, Sequanos e Helvecios fixeron parte da provincia de Galia Belga nos inicios do período imperial.
O primeiro acontecemento que vén clarificar estes límites, aínda que na realidade se trata dunha mudanza dos mesmos, é a creación polo emperador Domiciano de dous novos distritos, que axiña pasan a ser as dúas provincias de Xermania: a Xermania inferior e a Xermania superior. Esta medida sitúase entre os anos 82 e 90. A creación destas provincias concrétase pola perda definitiva do territorio das tribos antes mencionadas.
A outra gran reforma territorial que afectou a Bélxica romana data, como no resto do Imperio, do 297: a reorganización territorial introducida por Diocleciano tivo como consecuencia a división da provincia en dúas. As dúas novas provincias toman os nomes de Belgica Prima e de Belgica Secunda,[1][2] cuxos límites son ben coñecidos.