Guerra hispano-estadounidense

Guerra hispano-estadounidense

Afundimento do USS Maine, 1898.
Data 25 de abril12 de agosto de 1898
Lugar Mar Caribe e océano Pacífico
Resultado Tratado de París
Belixerantes
España Estados Unidos
Líderes
Alfonso XIII
Práxedes Mateo Sagasta
William McKinley
Russell A. Alger

A guerra hispano-estadounidense, que en España é coñecida popularmente como guerra de Cuba ou tamén como o desastre do 98, denominada por outra banda guerra hispano-americana e nos Estados Unidos Spanish-American War, foi a que se desatou entre España e Estados Unidos en 1898, durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, viúva do rei Afonso XII, sendo presidente do goberno español Práxedes Mateo Sagasta e presidente dos Estados Unidos, William McKinley.

Esta guerra desembocou na perda das colonias de ultramar e veu a significar a fin do que fora o poderoso Imperio español. Os seus principais resultados foron a independencia de Cuba e a perda, por parte de España, do resto das súas colonias en América e Asia, cedidas aos Estados Unidos, que logo se convertería en nova potencia colonial.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne