HMS Beagle

HMS Beagle

Sección lonxitudinal do HMS Beagle en 1832.
Historial Royal Navy Ensign
Clase clase Cherokee
Tipo bergantín
Botado 11 de maio de 1820
Asignado 1820
Baixa Transferido ó servizo de gardacostas en 1845
Destino Vendido para despedazamento en 1870
Características xerais
Desprazamento 235 t
242 t na segunda viaxe
Eslora 27,5 m
Manga 7,5 m
Calado 3,8 m
Aparello Bric-barca
Armamento 10 canóns
reducido a 6 nas súas viaxes
Propulsión vela
Tripulación 120 como buque de guerra
65+9 supernumerarios na súa segunda viaxe

O HMS Beagle foi un bergantín da clase Cherokee da Mariña Real Británica botado ás augas do río Támese o 11 de maio de 1820 dende os estaleiros Woolwich; tiña 27,5 metros de eslora, 7,5 metros de manga, 3,8 metros de calado, dez canóns, 235 toneladas de carga e unha tripulación de cento vinte homes.

En xullo dese mesmo ano tomou parte na Revista Naval de celebración pola coroación do rei Xurxo IV, sendo o primeiro barco en navegar baixo a nova Ponte de Londres, quedando logo na reserva, a flote e atracado pero sen mastros ou aparellos.

Despois foi adaptado como bric-barca e participou en tres expedicións. Na segunda, baixo o mando do comandante Robert FitzRoy, viaxou a bordo o naturalista Charles Darwin cuxo traballo fixo do Beagle un dos barcos máis famosos da historia.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne