Herdanza dos caracteres adquiridos

Jean-Baptiste Lamarck

A herdanza dos caracteres adquiridos é unha hipótese biolóxica que afirma que os cambios fenotípicos adquiridos durante a vida dun organismo (como o agrandamento dun músculo polo seu repetido uso) poden ser transmitidos á descendencia.[1] Tamén se denomina teoría da adaptación e foi o punto central da teoría evolutiva do naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck (1744-1829) coñecida como lamarckismo. Esta teoría foi rexeitada a inicios do século XX, pero recentemente algúns experimentos epixenéticos reavivaron o debate.

  1. Martin, Elizabeth; Hine, Robert. (2015). A Dictionary of Biology. Oxford University Press. p. 6. ISBN 978-0-19-871437-8

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne