J. R. R. Tolkien

Infotaula de personaJohn Ronald Reuel Tolkien

Tolkien na década de 1940.
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1892
Bloemfontein, Estado Libre de Orange
(actual Suráfrica)
Morte2 de setembro de 1973 (81 anos)
Bournemouth, Reino Unido
Causa da mortebroncopneumonía
ulcera Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Wolvercote (pt) Traducir 51°47′29″N 1°16′28″O / 51.791364, -1.274575
Oxford Editar o valor em Wikidata
Rawlinson and Bosworth Professor of Anglo-Saxon (en) Traducir
1925 – 1945
← William A. Craigie (pt) TraducirCharles Leslie Wrenn (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBirmingham Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo inglés Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo
EducaciónExeter College - lingua inglesa (–1915)
Universidade de Oxford - estudos clásicos, filoloxía inglesa (1911–1915)
King Edward's School (en) Traducir
St. Philip's School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, literatura inglesa, literatura fantástica e lingüística Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónoficial (1915–1920), historiador , escritor , autor , ilustrador , prosista , mestre , filólogo , lingüista , crítico literario , poeta , ensaísta , profesor universitario , tradutor , escritor de literatura infantil , novelista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor em Wikidata - 1973 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford (1925–1959)
Universidade de Leeds, reader (en) Traducir (1920–1925)
Oxford English Dictionary (1919–1920) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enConlanging (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFantasía, Fantasía épica, Tradución, Crítica
MovementoInklings Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioOxymore Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, inglés antigo, lingua latina, Quenya, Sindarin, khuzdul (pt) Traducir e esperanto Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado190.577 £ (2 de setembro de 1973) Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Rango militarlieutenant (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial e Ofensiva do Somme Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaFamília Tolkien (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEdith Bratt
FillosJohn Tolkien, Christopher Tolkien, Michael Tolkien (en) Traducir, Priscilla Reuel Tolkien (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisArthur Reuel Tolkien (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mabel Suffield (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHilary Arthur Reuel Tolkien (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webtolkienestate.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0866058 Allocine: 68209
Facebook: officialtolkien BNE: XX933704 Bitraga: 1041 Spotify: 35AxGixkvUq8ArC8RjgMIm iTunes: 2078613 Last fm: J.R.R.+Tolkien Musicbrainz: 97f3efea-558f-4137-9e4c-8a2fcec3c2d4 Discogs: 433425 Allmusic: mn0001890689 WikiTree: Tolkien-1 Find a Grave: 1456 Editar o valor em Wikidata

John Ronald Reuel Tolkien, citado a miúdo como J. R. R. Tolkien, CBE (/ˈtɒlkn/), nado en Bloemfontein o 3 de xaneiro de 1892 e finado en Bournemouth o 2 de setembro de 1973, foi un escritor, poeta, filólogo e profesor de universidade inglés de orixe surafricana, coñecido principalmente polas súas obras O Hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.

Foi profesor de anglosaxón no Pembroke College de 1925 a 1945, e profesor de lingua e literatura inglesa no Merton College de 1945 a 1959.[1] Durante esta época mantivo unha boa relación de amizade con C. S. Lewis, formando parte ámbolos dous do mesmo grupo informal de discusión literaria. Foi nomeado Comandante do Imperio Británico pola raíña Isabel II o 28 de marzo de 1972.[2]

Trala súa morte, o seu fillo Christopher recompilou e publicou varias obras baseadas nos manuscritos e notas non publicadas do seu pai, incluíndo O Silmarillion. Estas obras, xunto O Hobbit e O Señor dos Aneis forman unha serie de contos, poemas, historias e linguas conectadas ambientadas no mundo ficticio que Tolkien denominou Arda, coa Terra Media dentro dela. Entre 1951 e 1955 Tolkien aplicou o termo legendarium a gran parte destes escritos.[3]

Aínda que outros autores anteriores xa tiveran publicado obras de fantasía antes ca Tolkien,[4] a popularidade das súas obras fixo que se lle identifique popularmente coma o "pai" da literatura fantástica moderna.[5][6][7] En 2008, o xornal The Times clasificouno no sexto posto nunha lista dos "50 escritores británicos máis importantes dende 1945".[8] Forbes clasificouno no 5º posto das personalidades defuntas con máis ingresos no 2009.[9]

  1. (Carpenter 1977, pp. 111, 200, 266)
  2. (Carpenter & Tolkien 1981, nº 334 (nota editorial))
  3. Carpenter & Tolkien 1981, nº 131, 153, 154, 163
  4. de Camp, L. Sprague (1976). Literary Swordsmen and Sorcerers: The Makers of Heroic Fantasy. Arkham House. ISBN 0-87054-076-9. 
  5. Mitchell, Christopher. "J. R. R. Tolkien: Father of Modern Fantasy Literature". Veritas Forum (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  6. Drabble, Margaret, ed. (2000). Oxford companion to English Literature (en inglés) (6ª ed.). p. 352. the greatest influence within the fantasy genre 
  7. Clute, John; Grant, John, eds. (1999). The Encyclopedia of Fantasy (en inglés). St. Martin's Press. ISBN 0-312-19869-8. 
  8. "The 50 greatest British writers since 1945". The Times (en inglés) (Londres). 5 de xaneiro de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008. 
  9. Miller, Matthew (27 de outubro de 2009). "Top-Earning Dead Celebrities". Forbes.com (en inglés). 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne