Jean-Baptiste Lamarck

Infotaula de personaJean-Baptiste Lamarck

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean-Baptiste Pierre Antoine de Monet de Lamarck Editar o valor em Wikidata
1 de agosto de 1744 Editar o valor em Wikidata
Bazentin (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1829 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
París (Restauración Francesa) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteheart attack (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatólico romano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía, botánica, xeoloxía e meteoroloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , meteorólogo , químico , paleontólogo , malacólogo , Enciclopedista , biólogo , naturalista , profesor universitario , zoólogo , académico , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural de Francia Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarGranadeiro Editar o valor em Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra dos Sete Anos Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaLam. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaLamarck Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJulie Mallet (1798–1819), morte do cónxuxe
Charlotte Reverdy (1793–), morte do cónxuxe
Marie Anne Rosalie Delaporte (–1792), morte do cónxuxe
FillosAuguste de Lamarck (pt) Traducir
 () Marie Anne Rosalie Delaporte (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPhilippe François de Monet de Lamarck (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX946763 Dialnet: 1657804 WikiTree: Chevalier_de_Lamarck-1
Retrato de Jean-Baptiste Lamarck

Jean-Baptiste-Pierre-Antoine de Monet, cabaleiro de La Marck, nado en Bazentin[1], Picardía, Francia, o 1 de agosto de 1744 e finado en París o 18 de decembro de 1829, foi un naturalista francés, un dos grandes nomes da época da sistematización da Historia Natural, próximo na súa influencia a Linneo, Buffon e Cuvier.

Foi un dos primeiros científicos que defendeu a idea da evolución dos seres vivos, propoñendo a primeira teoría coherente sobre a evolución da vida a partir de leis naturais baseadas na herdanza dos caracteres adquiridos[2].

Esta teoría foi tamén a primeira en propoñer a idea materialista e mecanicista da vida e da evolución dos seres vivos.

A súa teoría, denominada transformismo fúndase sobre dous principios :

  1. A complexidade crecente da organización dos seres vivos baixo o efecto da dinámica interna propia do seu metabolismo;
  2. A diversificación, ou especialización, dos seres vivos en múltiplas especies, baixo o efecto das circunstancias variadas ás que se enfrontan en medios diferentes e desfavorábeis que lles obrigan a adaptarse modificando o seu comportamento ou os seus órganos para responder ás súas necesidades (estas modificacións non son o produto da súa vontade ou do seu desexo, senón desta dinámica interna propia da vida concibida aquí como un proceso no que os fluxos de materia necesarios para a vida estruturan a materia viva e, en consecuencia, os organismos).

Esta argumentación recibe o nome de lamarckismo.

Foi igualmente un dos poucos evolucionistas en comprender a necesidade teórica da evolución dos seres vivos.

A publicación da súa principal obra, Filosofía zoolóxica, en 1809, coincidiu co nacemento de Charles Darwin, precursor dunha teoría evolucionista que superaría o lamarckismo: o darwinismo.

Lamarck cuñou o termo "bioloxía" para designar a ciencia dos seres vivos, e foi o fundador da paleontoloxía dos invertebrados.

  1. Localidade actualmente situada no departamento de Somme.
  2. A Lamarck correspóndelle a imperecedoira gloria de ser o primeiro en elevar a teoría da descendencia á altura dunha teoría científica independente, e de ter feito da filosofía da Natureza a base sólida de toda a bioloxía.
    Ernest Haeckel, prólogo de Filosofía zoolóxica, p. VIII.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne