Lava

Escoada Aa avanzando sobre lava pahoehoe, no volcán Kīlauea no Hawai.

A lava é rocha en fusión que un volcán expulsa durante unha erupción. Mentres aínda baixo a superficie da terra, a rocha en fusión é denominada magma. A lava solidificada é coñecida como rocha ígnea, aínda que o termo escoada lávica se refira á formación rochosa endurecida. Debido á a súa elevada temperatura, normalmente entre os 600 °C e os 1.250 °C, o magma pode ser bastante fluído. Cando é expulsado da cheminea volcánica solidifica debido á diminución da súa temperatura, tórnase unha rocha magmática. Mentres, a lava pode fluír por moitos quilómetros antes de se solidificar formando unha escoada lávica. Unha escoada lávica activa refírese a unha escoada lávica que posúe aínda rocha fundida.

A palabra 'Lava' deriva do italiano, e consecuentemente deriva da palabra latina labes, que significa caída, declive, ou penetrar. O termo foi por primeira vez utilizado referíndose á expulsión de magma por Francesco Serao nunha pequena nota sobre unha erupción do Vesuvio que ocorreu entre o 14 de maio e 4 de xuño de 1737.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne