Leite

O leite con maior produción e distribución para o consumo humano é a que se obtén da vaca.
Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias

O leite é unha secreción nutritiva de cor branca opaca producida polas células secretoras das glándulas mamarias ou mamas (chamadas peitos, no caso da muller, e ubres ou tetos nos mamíferos domésticos)[1] das femias dos mamíferos (incluídos os monotremos).[2][3][4] Esta capacidade é unha das características que definen os mamíferos. A secreción láctea dunha femia días antes e despois do parto chámase costro. A principal función do leite é a de nutrir os fillos ata que son quen de dixeriren outros alimentos. Ademais cumpre as funcións de protexer o tracto gastrointestinal das crías contra patóxenos, toxinas e inflamacións e contribúe á saúde metabólica regulando os procesos de obtención de enerxía, en especial o metabolismo da glicosa e a insulina.[5] É o único fluído que inxiren as crías dos mamíferos (do neno de peito no caso dos seres humanos) ata a desteta. Hai evidencias de que ademais o leite de case todos os mamíferos, incluídos os humanos, contén derivados da morfina chamados casomorfinas, que se encargan de manter certo nivel de adicción nos lactantes para incentivar o seu apetito, así como de tranquilizar ao lactante nas súas primeiras etapas da nova vida. Estas substancias poderían explicar por que moitas persoas son adictas ao leite ou os seus derivados aínda na idade adulta. O leite dos mamíferos domésticos adoita formar parte da alimentación humana na inmensa maioría das civilizacións: o de vaca, principalmente, pero tamén o de ovella, cabra, egua, camela etc.

O leite é a base de numerosos produtos lácteos, como a manteiga, o queixo, o iogur, entre outros.[6] Adóitase empregar os seus derivados nas industrias agroalimentarias, químicas e farmacéuticas en produtos como o leite condensado, leite en po, caseína ou lactosa.[7] O leite de vaca emprégase tamén na alimentación animal. Componse principalmente de auga, ións (sal, minerais e calcio), hidratos de carbono (lactosa), materia graxa e proteínas.[3] O leite dos mamíferos mariños, como por exemplo as baleas, é moito máis rico en graxas e nutrientes que o dos mamíferos terrestres.[8]

Tamén se denomina leite o zume de certas plantas ou froitos: leite de coco, leite de soia, leite de arroz ou leite de améndoa. Non obstante, o termo leite non é aplicado aos zumes de noz.[9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para leite.
  2. Leche (en castelán)
  3. 3,0 3,1 Delaval.com.ar (ed.). "Consejos de ordeño" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2008. Consultado o 24 de agosto do 2015. 
  4. Mamíferos de Costa Rica Arquivado 27 de xuño de 2008 en Wayback Machine. Costaricalinda.com
  5. "The Milk Genome: Using Science to Mine the Benefits of Our Most Nutritious Food". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2004. Consultado o 04 de decembro de 2004. 
  6. La alimentación en la fase activa de la enfermedad Arquivado 29 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2009. Consultado o 17 de xuño de 2008. 
  8. Alais, C. 1971. Ciencia de la leche. Cía. Editorial, México, DF.
  9. Química de los Alimentos, Salvador Badui Dergal, edit. Pearson, Addison Wesley. Edición 4ª. pp. 603 y 633

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne