Lingua mari

Mari
марий йылме
Pronuncia:marij jəlme
Falado en: Rusia
Rexións: República dos Maris, Bashkortostán, Tatarstán, Udmurtia
Total de falantes: 400.000
Familia: Urálica
 Mari
Escrita: Cirílico
Status oficial
Lingua oficial de: República dos Maris
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: chm
ISO 639-3: ambos:
mhr — Lingua mari das pradeiras
mrj — Lingua mari das montañas
Mapa
Status

A lingua mari[1] (en mari: марий йылме, marij jəlme; en ruso: марийский язык, mariyskiy yazyk), é unha lingua urálica falada por 400.000 persoas. Fálase sobre todo na República dos Maris (mari: Марий Эл, Marii El (literalmente 'país mari') da Federación Rusa así como nas áreas a carón do río Viatka e ó leste dos Urais.

A lingua mari actual ten dúas variantes (a das pradeiras e a das montañas), que empregan unha versión adaptada do alfabeto cirílico, e é titular e oficial na súa república, xunto coa lingua rusa.

  1. Definición de mari no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne