Marco Polo

Infotaula de personaMarco Polo
Biografía
Nacementoc. 1254
probabelmente en Venecia, Italia
Morte9 de xaneiro de 1324
Venecia, República de Venecia
Lugar de sepulturaIgreja de San Lorenzo (pt) Traducir 45°26′14″N 12°20′44″L / 45.4373, 12.3455 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoViaxe, comércio (pt) Traducir, diplomacia, libro de viaxes e memoir literature (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmercador, explorador
LinguaLingua véneta e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDonata Badoer
FillosFantina Polo (en) Traducir, Agnese (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiNiccolò Polo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMaffeo Polo (en) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Le Divisament dou monde Editar o valor em Wikidata

BNE: XX894006 Dialnet: 2362099 WikiTree: Polo-28

Marco Polo, nado en Venecia c. 15 de setembro de 1254 e finado tamén en Venecia o 9 de xaneiro de 1324[1], foi un comerciante, explorador e escritor italiano da República de Venecia.[2][3] que viaxou por Asia ao longo da ruta da seda entre 1271 e 1295. As súas viaxes recóllense no libro As viaxes de Marco Polo (tamén coñecido como Libro das Marabillas do Mundo ou Il Milione en italiano, c. 1300), que describía aos europeos a entón misteriosa cultura e o funcionamento interno do mundo oriental, incluídas a riqueza e o gran tamaño do Imperio Mongol e a China da dinastía Yuan, ofrecéndolles a primeira visión completa da China, Persia, India, Xapón e outras cidades e países asiáticos.[4]

Nado en Venecia, Marco aprendeu o comercio grazas ao seu pai e ao seu tío, Niccolò e Maffeo, que viaxaron por Asia e coñeceron a Khublai Khan. En 1269, regresaron a Venecia para atoparse por primeira vez con Marco. Os tres emprenderon unha viaxe épica a Asia, explorando moitos lugares ao longo da ruta da seda ata chegar a Catai (China). Foron recibidos pola corte real de Khublai Khan, que quedou impresionado pola intelixencia e humildade de Marco. Marco foi nomeado emisario de Khan no estranxeiro, e foi enviado en numerosas misións diplomáticas por todo o imperio e o sueste asiático, como nas actuais Myanmar, India, Indonesia, Sri Lanka e Vietnam.[5][6] Como parte deste nomeamento, Marco tamén viaxou cumpridamente polo interior da China, vivindo nas terras do emperador durante 17 anos e vendo moitas cousas que ata entón eran descoñecidas para os europeos.[7] Cara a 1291, os Polos tamén se ofreceron a acompañar á princesa mongol Kököchin a Persia; chegaron cara a 1293. Tras deixar á princesa, viaxaron por terra a Constantinopla e logo a Venecia, regresando a casa ao cabo de 24 anos.[7] Nesta época, Venecia estaba en guerra con Xénova; Marco foi capturado e encarcerado polos xenoveses tras unirse ao esforzo bélico e ditou as súas historias a Rustichello da Pisa, un compañeiro de cela. Foi liberado en 1299, converteuse nun rico comerciante, casou e tivo tres fillos. Morreu en 1324 e foi enterrado na igrexa de San Lorenzo en Venecia.

Aínda que non foi o primeiro Europeo en chegar a China, Marco Polo foi o primeiro en deixar unha crónica detallada da súa experiencia. Este relato de Oriente proporcionou aos europeos unha imaxe clara da xeografía e os costumes étnicos de Oriente, e foi o primeiro rexistro occidental da porcelana, da pólvora, do papel moeda e algunhas plantas e animais exóticos asiáticos.[8] O seu libro de viaxes inspirou a Cristovo Colón[9] e a moitos outros viaxeiros. Tamén influíu na cartografía europea, dando lugar á introdución do Atlas Catalán e do mapamundi de Fra Mauro.[10]

  1. Bergreen, Laurence (2007), Marco Polo: From Venice to Xanadu, Londres: Quercus
  2. Stephen Feinstein; (2009) Marco Polo: Amazing Adventures in China (Great Explorers of the World) p. 23–24; Enslow Pub Inc, ISBN 1-59845-103-0
  3. John H. Stubbs, Robert G. Thomson; Architectural Conservation in Asia: National Experiences and Practice p. 30; Routledge, ISBN 1-138-92610-8
  4. Benedetto, Luigi Foscolo (1965). Marco Polo, Il Milione. Istituto Geografico DeAgostini (en italiano). 
  5. Rongguang Zhao, Gangliu Wang, Aimee Yiran Wang. A History Of Food Culture In China. p. 94. 
  6. Christopher Kleinhenz. Routledge Revivals: Medieval Italy (2004): An Encyclopedia – Volume II, Volume 2. p. 923. 
  7. 7,0 7,1 "Marco Polo". Worldatlas.com. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2020. Consultado o 22 de setembro do 2023. 
  8. Robin Brown (2008). Marco Polo: Journey to the End of the Earth. Sutton. 
  9. Landström 1967, p. 27
  10. Thomas F. Glick; Steven Livesey; Faith Wallis (2014). Medieval Science, Technology, and Medicine: An Encyclopedia. Routledge. p. 415. ISBN 9781135459321. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne