Mel

Mel

Mel nun moderno envase de cristal e un dosificador (rodete)
Tipo Xarope
Orixe abellas
Ingredientes
Orixe vexetal Néctar
Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias

O mel é unha substancia alimentaria doce e viscosa feita polas abellas e algúns insectos relacionados.[1] As abellas poden producir o mel a partir das secrecións azucradas das plantas (néctar floral) ou das secrecións doutros insectos (como a melaza), por regurxitación, por actividade encimática e evaporación da auga, sendo almacenado en favos (ou panais)[1][2] nas súas colmeas para servirlles de alimento durante o inverno.

A variedade de mel producido polas abellas melíferas (xénero Apis ) é a máis coñecida comercialmente, debido á súa produción mundial e ao consumo humano.[3] O sabor e cor desta substancia é determinado polo tipo de flores das que se recolle o néctar. O sabor varía en función da fonte do néctar, e os diversos tipos e graos de mel; os máis comúns inclúen, entre outros, o néctar de laranxeira, de silva e de framboesa.

O mel obtén a súa dozura a partir dos monosacáridos, da frutosa e da glicosa e ten a mesma dozura relativa que a sacarosa (azucre de mesa).[4][5] Ten propiedades químicas atractivas para a cocción e un sabor distintivo que leva a algunhas persoas para preferila por diante do azucre e outros edulcorantes.[4] A maioría dos microorganismos non medran no mel, polo que o mel selado non se estraga, incluso despois de miles de anos.[6][7]

O mel recóllese de colonias de abellas salvaxes, ou de colmeas de abellas domesticadas, unha práctica coñecida como apicultura. É importante salientar que, a pesar de que o mel utilizado actualmente en maior escala na alimentación humana provén da produción das abellas melíferas, existen outros insectos que tamén o producen en menor cantidade e non son explotados economicamente.

A produción mundial media de mel é aproximadamente de 1 200 000 tn. Os principais países produtores son China, Turquía, Arxentina, Ucraína, México e Estados Unidos. Os principais importadores a nivel mundial son a Unión Europea e os Estados Unidos.[8]

Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a cera, a xelea real, o própole e o pole.

  1. 1,0 1,1 Crane E (1990). "Honey from honeybees and other insects". Ethology Ecology & Evolution 3 (sup1). pp. 100–105. doi:10.1080/03949370.1991.10721919. 
  2. Crane, E., Walker, P., & Day, R. (1984). International Bee Research Association, ed. Directory of important world honey sources. ISBN 978-0860981411. 
  3. Crane, Ethel Eva (1999). Routledge, ed. The World History of Beekeeping and Honey Hunting. ISBN 9781136746703. 
  4. 4,0 4,1 National Honey Board. "Carbohydrates and the Sweetness of Honey" Arquivado 01 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Last accessed 1 June 2012.
  5. Oregon State University "What is the relative sweetness of different sugars and sugar substitutes?". Retrieved 1 June 2012.
  6. Geiling, Natasha (22 de agosto de 2013). "The Science Behind Honey's Eternal Shelf Life". Smithsonian. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  7. Prescott, Lansing; Harley, John P.; Klein, Donald A. (1999). WCB/McGraw-Hill, ed. Microbiology. Boston. ISBN 978-0-697-35439-6. 
  8. Meo, Sultan Ayoub; Al-Asiri, Saleh Ahmad; Mahesar, Abdul Latief; Ansari, Mohammad Javed (julio de 2017). "Role of honey in modern medicine" [Rol de la miel en la medicina moderna]. Saudi J Biol Sci (en inglés) (Elsevier) 24 (5): 975–978. PMID 28663690. doi:10.1016/j.sjbs.2016.12.010. Consultado o 25 de decembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne