Monumento a Washington

Obelisco do Monumento a Washington.

O Monumento a Washington (Washington Monument) normalmente fai referencia ao grande obelisco branco localizado no extremo oeste do National Mall de Washington D. C. É un monumento conmemorativo ao primeiro presidente dos Estados Unidos e líder do revolucionario do Exército Continental, George Washington, que gañou a independencia do país loitando fronte aos británicos na Guerra da Independencia. En 1884, o monumento converteuse na estrutura máis alta do mundo, até se construír a Torre Eiffel de París en 1889.

O monumento está elaborado en mármore, granito e arenita e ten unha altura de case 170 metros. Foi deseñado por Robert Mills, un prominente arquitecto estadounidense da década de 1840. A construción comezou en 1848 e rematou en 1884, case 30 anos despois da morte do arquitecto. Esta tardanza debeuse á falla de fondos orixinados pola Guerra Civil estadounidense. A diferenza no tipo de mármore (visíbel aproximadamente a partir dunha altura duns 50 m) delimita a construción inicial da segunda etapa de construción.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne