Padroeiro

Santiago o Maior (representado como Santiago Matamouros), patrón de Galiza e de varias parroquias galegas.

Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o patrón,[1] padrón,[2] padroeiro[3] ou avogado[4] é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para patrón.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para padrón.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para padroeiro.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avogado.
  5. Surhone, Lambert M; Tennoe, Mariam T; Henssonow, Susan F (2010). Patron Saint (en inglés). Saarbrücken (Alemaña): VDM Verlag Dr. Mueller AG & Co. ISBN 978-6-1345-8375-6. Consultado o 7 de abril de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne