Peloponeso

Coordenadas: 37°20′59″N 22°21′08″L / 37.34972, -22.35222

A penísula do Peloponeso
Xeograficamente, o termo Peloponeso aplícase a toda a península, aínda que na organización territorial de Grecia só unha parte pertence á periferia de Peloponeso; a parte noroccidental corresponde á periferia de Grecia Occidental.
Mapa físico do Peloponeso. (Os topónimos, en alemán).

A península do Peloponeso, tamén chamada Morea ou, simplemente, O Peloponeso[1] (en grego Πελοπόννησος, pronunciación clásica Pelopónnēsos; pronunciación moderna Pelopónisos) é unha península de Grecia, unida ao continente polo istmo de Corinto, que actualmente está cortado polo canal de Corinto.

O seu nome provén dun heroe mitolóxico grego, Pélope, quen supostamente conquistou toda a rexión.

Etimoloxicamente Peloponeso significa "illa de Pélope", a pesar de que só foi unha verdadeira illa tras a apertura do canal de Corinto en 1893.

Na Idade Media, "Morea", debido ao parecido da súa forma cunha folla de moreira. Contra o século XIII conformou o Despotado de Morea.

Patrás (no norte) e Kalamata son as únicas cidades importantes, onde se achan os principais portos.

En 2004 o Peloponeso gañou unha segunda conexión co continente tras a construción da Ponte de Río-Antirio.

Na rexión encóntrase a cidade de Olimpia, centro relixioso da Antigüidade, onde se celebraron os primeiros Xogos Olímpicos, e a cidade de Esparta, unha das dúas cidades-Estado hexemónicas na Antigüidade clásica.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Peloponeso.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne