Provincia romana

Imperio romano baixo Augusto (31 a.C. – 14 d.C.). Amarelo: 31 a.C. verde escuro 31–19 a.C., verde claro 19–9 a.C., verde pálido 9–6 a.C. malva: estados satélites
O Imperio romano baixo Hadriano (125) mostrando as provincias como estaban organizadas entón
Mapa das provincias romanas no ano 116.

A provincia romana (latín: provincia; plural, provinciae) baixo a Roma antiga foron subdivisións territoriais fóra da Península Itálica que tiñan unha organización regular e estaba baixo a administración romana.[1]

As provincias romanas variaron amplamente en número no transcurso dos case oito séculos da súa existencia.

Aparecen durante as guerras púnicas, no momento en que a República romana se estende fóra da península italiana, e o número de provincias romanas non deixan entón de aumentar. Ao final da República como baixo o Imperio ata o século III, as provincias son as maiores divisións administrativas do territorio.

O número e tamaño das provincias variaron ao longo da historia, segundo as políticas da metrópole. Así, o seu número alcanzou a corentena baixo os Severos. Durante o Imperio, as maiores e máis ben guarnecidas provincias foron subdivididas en territorios máis pequenos, para evitar que un único gobernador tivese demasiado poder nas mans.Diocleciano, baixo a tetrarquía, reforma profundamente a administración territorial do Imperio, multiplicando o número de provincias e creando unha entidade superior ás provincias, as dioceses.

  1. Smith, W. (1842)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne