Quilogramo

Imaxe xerada por ordenador do prototipo internacional de quilogramo, composto nun 90% de platino e un 10% de iridio, gárdase no Bureau International des Poids et Mesures (Bureau Internacional de Pesos e Medidas) en Sèvres nas aforas de París.

O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg.

Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.

Tamén é común que se utilice á vez como unidade de peso, aínda que se debería facer baixo o nome de quilogramo forza. O quilogramo-forza correspóndese, aproximadamente, co peso dunha masa de 1 quilogramo situada na superficie terrestre, a nivel do mar. A definición só é correcta na Terra, por canto intervén o valor da gravidade.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne