Rookie do Ano da NBA

O Rookie do Ano (NBA Rookie Of The Year Award) é o premio ao xogador máis destacado na súa primeira tempada coma xogador da NBA. Este premio, creado na tempada 1952−53, recibe o nome de Trofeo Eddie Gottlieb. O gañador é seleccionado por un grupo de 24 periodistas deportivos tanto dos Estados Unidos como do Canadá, votando cada un polo primeiro, segundo e terceiro posto. Cada elección na primeira praza conta 5 puntos, na segunda son 3 e na terceira 1. O xogador con maior suma de puntos totais, a pesar do número de votos na primeira posición, gaña o premio.

Trece dos gañadores deste premio gañaron tamén o MVP da Tempada da NBA durante as súas respectivas carreiras; Wilt Chamberlain e Wes Unseld lográrono na mesma tempada. 19 dos 42 gañadores do Rookie do Ano que xa non están en activo foron incluídos no Basketball Hall of Fame. En tres tempadas houberon dous gañadores conxuntos; Dave Cowens e Geoff Petrie na tempada 1970−71, Grant Hill e Jason Kidd na tempada 1994−95, e Elton Brand e Steve Francis na tempada 1999−00.

Patrick Ewing de Xamaica, Tim Duncan das Illas Virxes dos Estados Unidos, Pau Gasol de España, Kyrie Irving e Ben Simmons de Australia, Andrew Wiggins do Canadá e Luka Dončić de Eslovenia, son os únicos gañadores non nados nos Estados Unidos. Erwing trasladouse desde o seu país natal até Boston aos 11 anos, Duncan formouse na universidade de Wake Forest e é cidadán estadounidense, mais é considerado "internacional" pola NBA xa que non naceu nun dos 50 Estados dos Estados Unidos ou en Washington, D.C., Irwing mudouse aos Estados Unidos aos 2 anos e Wiggins cando estaba no instituto. Así Gasol é o único gañados formado fóra de territorio estadounidense.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne