Santorini

Modelo:Xeografía políticaSantorini
Imaxe

Localización
Mapa
 36°24′54″N 25°25′57″L / 36.415, 25.4325Coordenadas: 36°24′54″N 25°25′57″L / 36.415, 25.4325
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of the Aegean (en) Traducir
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasTira (pt) Traducir
ConcelloThira Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación17.430 (2011) Editar o valor em Wikidata (220,09 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie79,194 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor em Wikidata
Altitude567 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal847 00, 847 02 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2286 Editar o valor em Wikidata

Páxina webthira.gr Editar o valor em Wikidata

Santorini (grego Σαντορίνη), ou Santorino, é unha illa volcánica localizada no mar Exeo, preto de 200 km ao sueste da cidade de Atenas, Grecia nas coordenadas aproximadas de 36.40° N e 25.40° E. Para alén da illa principal, Santorini ten nas as súas proximidades diversos illotes, formando un grupo case circular de illas, vestixio da grande erupción que esnaquizou a illa. O grupo de illas é tamén coñecido por Thira ou Thera (Θηρα). Santorini sitúase no extremo sur do grupo das Cíclades, tendo unha área total de aproximadamente 73 km². En 2001 tiña unha poboación de 13.600 habitantes. A illa debe o seu nome a Santa Irene, nome polo cal os venecianos a denominaban. Era anteriormente coñecida por Kallisti, Strongili ou Thera, nome que aínda hoxe ostenta en grego.

Santorini é o volcán máis activo do denominado Arco Exeo, estando constituído por unha gran caldeira submersa, rodeada polos restos dos seus flancos. A forma actual da illa débese en gran parte á erupción que aproximadamente 3.500 anos atrás destruíu o seu territorio. Aquela erupción, de enorme proporcións, creou a actual caldeira e produciu depósitos piroclásticos con algunhas centenas de metros de espesura que recubriron todo o que restou da illa e aínda atinxiron grandes áreas do Exeo e dos territorios veciños.

O impacto daquela erupción fíxose sentir en todo o mundo, mais con particular intensidade na bacía do mar Mediterráneo. A erupción parece estar ligada ao colapso da civilización Minoica, na illa de Creta, sita só 70 km ao sur.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne