Serra Leoa

Modelo:Xeografía políticaSerra Leoa
Republic of Sierra Leone (en) Editar o valor em Wikidata

HimnoHigh We Exalt Thee, Realm of the Free Editar o valor em Wikidata

Lema«Unity, Freedom, Justice» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aMontanhas do Leão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 8°30′N 12°06′O / 8.5, -12.1Coordenadas: 8°30′N 12°06′O / 8.5, -12.1
CapitalFreetown Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación7.557.212 (2017) Editar o valor em Wikidata (105,34 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua krio Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie71.740 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,2 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Bintumani (pt) Traducir (1.945 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación19 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataJulius Maada Bio (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
• Ministro-chefe (pt) Traducir Editar o valor em WikidataDavid Sengeh (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da Serra Leoa (pt) Traducir , (Escano: 124) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal4.249.234.574 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedaleone Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sl Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+232 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia999 e 019 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísSL Editar o valor em Wikidata

Páxina webstatehouse.gov.sl Editar o valor em Wikidata
Instagram: presidentmaadabio BNE: XX4575516 Editar o valor em Wikidata

Serra Leoa[1][2][3] (en inglés: Sierra Leone Escoitari/siˌɛrə liˈn(i)/), oficialmente República de Serra Leoa (en inglés: Republic of Sierra Leone), é un país situado na costa suroeste da África Occidental. Comparte fronteira con Liberia ao sueste e Guinea ao nordés. Serra Leoa posúe un clima tropical cunha contorna diversa que abrangue desde a sabana até a selva, unha área total de 71 740 km2 (27 699 sq mi)[4] e unha poboación de 7 092 113 segundo o censo de 2015.[5] A capital, así como a súa cidade máis grande, é Freetown. O país está divido en cinco rexións administrativas subdividas en dezaseis distritos.[6]

Serra Leoa conseguiu a súa independencia do Reino Unido o 27 de abril de 1961, converténdose Milton Margai no primeiro dirixente do país. O partido político de Margai era o Partido Popular de Serra Leoa (SLPP), o cal, baixo o liderado de Albert Margai, perdeu as seguintes eleccións en 1967 por unha curta marxe. O novo Primeiro Ministro foi Siaka Stevens do partido do Congreso de Todo o Pobo (APC). Stevens dirixiu o país entre 1967 e 1985, ano no que se retirou da política por motivos de saúde. O 19 de abril de 1971, durante o seu mandato, aboliu o sistema parlamentario do país e declarouno república presidencialista. Entre 1978 e 1885, o partido de Stevens foi o único partido legal de Serra Leoa. Non sería até 1991 cando o presidente Joseph Saidu Momoh, sucesor de Stevens escollido por el mesmo, aprobaría unha nova constitución multipartidista. Xusto nese momento o grupo rebelde Revolutionary United Front de Foday Sankoh iniciou unha brutal guerra civil no país.[7]

O 29 de abril de 1992, un grupo de soldados novos do exército de Serra Leoa, liderados polo capitán Valentine Strasser, derrocou ao presidente Momoh, ficando o país baixo mando militar entre 1992 e 1996. O país volveu ter un goberno elixido democraticamente cando a Xunta militar entregou a presidencia a Ahmad Tezan Kabbah do SLPP despois da súa vitoria nas eleccións de 1996. Con todo, o exército derrocou ao novo presidente nun golpe de estado o 25 de maio de 1997, converténdose o militar Johnny Paul Koroma no xefe de estado. En febreiro de 1998, unha coalición das forzas armadas da Comunidade Económica dos Estados da África Occidental, lideradas por Nixeria, reinstalou ao presidente Kabbah, sendo os líderes do golpe executados despois de que un tribunal militar de Serra Leoa os sentenciase á morte. En xaneiro de 2002, o presidente Kabbah anunciou a fin da guerra civil. Así, Serra Leoa ten un goberno democrático ininterrompido desde 1998 até o presente.

Dezaseis grupos étnicos conviven en Serra Leoa, cada un co seu propio idioma e costumes. Os dous máis grandes e influentes son os pobos Temne e Mende. Os Temne situánse predominantemente no noroeste e os Mende no sueste. Ao redor do dous por cento da poboación do país son os Krio, descendentes de afroamericanos liberados e escravos das Indias Occidentais. O inglés é o idioma oficial utilizado nas escolas e a administración gobernamental, con todo, o Krio é o idioma máis falado en Serra Leoa, xa que o fala o 98% da poboación do país. O idioma Krio une a todos os grupos étnicos do país, especialmente na súa interacción comercial e social. A nivel relixioso, o 77% da poboación é musulmá, cunha influente minoría cristiá do 22%.[8] O país está considerado neste aspecto como un dos máis tolerantes do mundo. Muslamáns e cristiáns colaboran e interactúan pacificamente entre si, sendo a violencia relixiosa moi rara.

A nivel económico, Serra Leoa depende da minería para a súa base económica, especialmente de diamantes. Está tamén entre os maiores produtores do mundo de titanio e bauxita, sendo ademais un dos principais produtores de ouro. Tamén posúe un dos depósitos de rútilo máis grandes do mundo. Serra Leoa tamén alberga o terceiro porto natural máis grande do mundo. A pesar desta riqueza natural, o 70 por cento da súa poboación vivía en 2020 por baixo do limiar de pobreza.[9] Serra Leoa é membro de moitas organizacións internacionais, incluídas as Nacións Unidas, a Unión Africana, a Comunidade Económica dos Estados da África Occidental (CEDEAO), a Commonwealth de Nacións, o Banco Africano de Desenvolvemento e a Organización para a Cooperación Islámica.

  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2017. 
  3. Outras fontes empregan a forma Serra Leona (Universidade de Vigo Arquivado 01 de xuño de 2014 en Wayback Machine.)
  4. Encarta Encyclopedia. Sierra Leone (country). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  5. "Sierra Leone 2015 Population and Housing Census National Analytical Report" (PDF). Statistics Sierra Leone. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  6. "National Electoral Commission – Press Release" (PDF). 6 September 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de novembro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  7. Se Young Jang (25 de outubro de 2012). "The Causes of the Sierra Leone Civil War". E-International Relations (en inglés). 
  8. "Sierra Leone 2015 Population and Housing Census" (PDF). Statistics Sierra Leone. 
  9. "Sierra Leone Population below poverty line (%)". Indexmundi.com. 30 de xuño de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne