Studio Ghibli

Coordenadas: 35°42′11.5″N 139°31′44.9″L / 35.703194, -139.529139

Studio Ghibli, Inc.
株式会社スタジオジブリ

Editar o valor em Wikidata
TipoKabushiki gaisha
Fundación15 de xuño de 1985
LocalizaciónKoganei, Toquio Xapón
FundadorHayao Miyazaki
Isao Takahata
Toshio Suzuki
Yasuyoshi Tokuma
Persoas claveKoji Hoshino (director executivo, presidente)
Hayao Miyazaki (director)
Toshio Suzuki (director executivo)
IndustriaProdución cinematográfica
Videoxogos
Anuncios de televisión
ProdutosCine de animación, telefilmes e anuncios
Beneficio¥15.77 billóns (2011)
Beneficio neto¥1.426 billóns (2011)
Número de empregados300
Na rede
http://www.ghibli.jp/ e https://www.ghibli.jp/
IMDB: co0048420 Twitter: JP_GHIBLI Instagram: jp_ghibli BNE: XX4935023 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Studio Ghibli, Inc. (株式会社スタジオジブリ Kabushiki-gaisha Sutajio Jiburi?) é un estudio de cinema de animación xaponés con sede en Koganei (Toquio),[1] coñecido polos seus filmes de anime. Foi fundado por Tokuma Shoten en xuño de 1985 despois do éxito de Kaze no Tani no Naushika. O logo da compañía é a personaxe de Totoro (un enorme espírito do bosque) dun dos filmes de Miyazaki, O meu veciño Totoro. O estudio estaba localizado inicialmente en Kichijōji, Musashino, Toquio.[2]

Studio Ghibli produciu numerosos filmes, o primeiro deles, Tenkū no Shiro Rapyuta en 1986. Foi seguido por Hotaru no haka (1988), O meu veciño Totoro (1988), Majo no takkyūbin (1989), Omohide Poro Poro (1991), Kurenai no Buta (1992), Heisei Tanuki Gassen Ponpoko (1994), Mimi o Sumaseba (1995), Mononoke Hime (1997), Hōhokekyo Tonari no Yamada-kun (1999), A viaxe de Chihiro (2001), Neko no Ongaeshi (2002), Hauru no Ugoku Shiro (2004), Gedo Senki (2006), Gake no ue no Ponyo (2008), Kari-gurashi no Arietti (2010) e Kokuriko-zaka Kara (2011). Dezaseis dos filmes foron recibidos con éxito tanto pola crítica coma economicamente, agás Gedo Senki, que, malia o seu éxito comercial, levou peores críticas que outras producións de Ghibli.[3] O estudio tamén produciu numerosas curtametraxes e anuncios de televisión, así como o telefilme Umi ga kikoeru.

  1. "会社情報." Studio Ghibli. Consultado o 26 de febreiro de 2010.
  2. "The Animerica Interview: Takahata and Nosaka: Two Grave Voices in Animation." Animerica. Volume 2, No. 11. Page 11. Translated by Animerica from: Takahata, Isao. Eiga o Tsukurinagara, Kangaeta Koto ("Things I Thought While Making Movies") Tokuma Shoten, 1991. Originally published in Animage, xuño de 1987. This is a translation of a 1987 conversation between Takahata and Akiyuki Nosaka. "Kichijoji is the Tokyo area where "Studio Ghibli," frequent Takahata collaborator Hayao Miyazaki's studio, is located.
  3. "Earthsea Wins "Raspberry Award"". Anime News Network. 25 de xaneiro de 2007. Consultado o 2 de outubro de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne