Tiroide

Non confundir coa cartilaxe tiroide da larinxe.
Situación da glándula tiroide.

A tiroide[1] é unha glándula endócrina, situada xusto debaixo da noz de Adán xunto á cartilaxe tiroide e sobre a traquea. Pesa entre 15 e 30 gramos no adulto, e está formada por dous lóbulos en forma de bolboreta a ambos os dous lados da traquea, ambos lóbulos unidos polo istmo. A glándula tiroide regula o metabolismo do corpo por medio da produción de hormonas tiroides e regula a sensibilidade do corpo a outras hormonas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiroide.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne