Toque de queda

O toque de queda[1] ou toque de recollida é a prohibición decretada por un goberno ou autoridade de que a poboación permaneza na rúa após unha determinada hora. Historicamente foi empregado en Europa durante o período entre guerras, na que, despois dunha determinada hora (polo xeral ao chegar a noite), soaba unha sirena para que as persoas se dirixisen aos seus domicilios.

O toque de recollida considérase unha limitación ou restrición da liberdade de circulación, considerado internacionalmente coma un dereito humano fundamental.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Toque.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne