Triplete hexadecimal

A paleta de cores RGB consta, basicamente, de tres cores primarias aditivas: Vermello-Verde-Azul. Estas cores primarias aditivas, en HTML, están representadas por tres pares hexadecimais do tipo 0xHH-HH-HH segundo o formato seguinte:

#RRGGBB

Os valores que pode adoptar cada un dos tres pares hexadecimais van do 0x00 (0 decimal) ao 0xFF (255 decimal). Canto maior sexa o valor do par, tanto maior será tamén a intensidade (matiz, brillo ou claridade) da cor correspondente a ese par (e viceversa). Isto implica que o extremo inferior da escala cromática parte dunha intensidade de cor mínima (nulo = par 0x00), pasa por unha intensidade de cor media (mediano = par 0x80 [128 decimal]) ata chegar a unha intensidade de cor máxima (saturado = par 0xFF). O grao de máis alta pureza (absoluto) dunha cor primaria aditiva estará determinada pola presenza total da mesma (saturación = 0xFF) xunto coa ausencia total (nulidade = 0x00) das outras dúas cores primarias aditivas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne