Ubre

Ubre dunha vaca.

O ubre[1] ou remollo[2] é unha glándula de secreción externa, unha glándula sudorípara modificada, característica das femias da clase dos mamíferos (Mammalia), cuxa función é a secreción do leite co que alimentan as crías durante as primeiras etapas da vida. O ubre designa o conxunto destas glándulas, en número de dúas, catro ou máis, e equivale ó que na muller se designa como seo ou peito.

Nas diferentes especies animais presenta un número diferente de unidades glandulares: dúas na ovella, cabra ou egua, catro na vaca, oito na gata, 8-12 na cadela, 12-16 na porca. A disposición no corpo tamén é variable: inguinal nos équidos e ruminantes, toracoinguinal nos cánidos e súidos ou toracoabdominal na gata.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ubre.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para remollo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne