Washington (en) | |||||
Lema | «Justitia Omnibus» (1871–) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Capitalsaurus (en) (Dinosauro) Tordo-dos-bosques (pt) (aves) | ||||
Nomeado en referencia a | George Washington e Cristovo Colón | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Distrito Federal | Distrito de Colúmbia (pt) | ||||
Capital de | |||||
Capital | sen valor | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 689.545 (2020) (3.895,73 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 288.307 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região metropolitana de Washington (pt) (Poboación:6.385.162) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 177 km² | ||||
Auga | 10,67 % | ||||
Bañado por | Río Potomac, Rio Anacostia (pt) e Rock Creek (en) | ||||
Altitude | 72 m | ||||
Punto máis alto | Fort Reno Park (en) (124,7 m) | ||||
Comparte fronteira con | Condado de Arlington, Suroeste Condado de Fairfax (pt) Bethesda, noroeste Condado de Montgomery (pt) , noroeste Alexandria (pt) , Suroeste condado de Prince George, leste Silver Spring (pt) , Nordés | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 16 de xullo de 1790 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) | Muriel Bowser (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20001–20098 e 20201–20599 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 202 | ||||
Código de departamento INSEE | 11001 | ||||
Identificador GNIS | 2390665 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Tshwane (pt) Bangkok (1962–) Dakar (1980–) Pequín (1984–) Rexión de Bruxelas-Capital (1985–) París (2000–) Atenas (2000–) Pretoria (2002–) Seúl (2006–) Accra (2006–) Sunderland (2006–) Roma (2011–) Ancara (2011–) Brasilia (2013–) Adís Abeba (2013–) San Salvador (2018–) | ||||
Páxina web | dc.gov | ||||
Washington, D.C.[1] (ou Distrito de Columbia, ou distrito federal americano) é a capital dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Washington, Distrito de Columbia. A cidade tamén se coñece como D.C., Washington, Capital Nacional ou Capital Federal. Está situada no leste do país, nas marxes do río Potomac, entre os estados de Maryland e Virxinia. Non se debe confundir co 42° estado americano, Washington. Por isto, Washington, a capital nacional, é xeralmente chamado Distrito de Columbia, e Washington, o estado, Estado de Washington.
O Distrito de Columbia é o distrito federal dos Estados Unidos, que posúe limitado poder gobernamental propio, sendo gobernada maioritamente polo Congreso americano. É o centro administrativo, lexislativo e xudicial do país.
A poboación de Washington é de 588.292 habitantes (2007), e a súa rexión metropolitana posúe preto de 4,4 millóns de habitantes (7,8 millóns xuntamente coa rexión metropolitana de Baltimore, localizado a 100 km de Washington). A súa construción iniciouse en 1792, instalándose o goberno federal en 1800. A cidade constitúe o Distrito de Columbia, desanexado dos estados de Virxinia e Maryland. Posúe innúmeros monumentos, entre os que se encontran a Casa Branca (residencia do Presidente dos Estados Unidos), o Capitolio dos Estados Unidos (sede do Congreso), a Biblioteca do Congreso, o Monumento de Washington, e o Monumento a Lincoln.