Wikipedia:Administradores

Na Wikipedia calquera pode editar un artigo. Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores. Os administradores son editores da Wikipedia coas capacidades técnicas para realizar varias accións especiais na Wikipedia en galego. Estas tarefas inclúen a capacidade de bloquear ou desbloquear contas de usuarios e enderezos IP impedíndolles a edición, editar páxinas protexidas, protexer e desprotexer as propias páxinas perante a edición, eliminar e restaurar páxinas, ou trocar o nome de páxinas sen restricións entre outras.

Os administradores asumen estas responsabilidades como voluntarios tras pasar un proceso de elección, e non actúan como empregados da Fundación Wikimedia. Por suposto, os administradores tan só poden facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas da Wikipedia.

A Wikipedia en galego ten actualmente 7 administradores.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne