Xeneral

Xeneral[1][2] é un rango militar. Atópase na cima da xerarquía castrense, sobre os oficiais superiores (comandante/maior, tenente coronel, coronel), os oficiais (alférez/subtenente, tenente, capitán; na Armada: alférez de fragata, alférez de navío e tenente de navío, respectivamente), os suboficialis e os soldados ou mariñeiros.

Un xeneral está ao mando dunha unidade militar máis grande que un rexemento, como pode ser a brigada, división, corpo, exército, grupo de exércitos ou a totalidade das forzas armadas dun país. Nalgúns casos o nome do rango do xeneral inclúe o tipo de unidade que manda, xeneral de brigada, xeneral de división, xeneral de corpo de exército ou xeneral de/do Exército. Á cabeza do xeneralato están determinados graos, dependendo da nación e historia, que a maioría das veces aínda que estean contemplados nos seus graos, non están activos, como mariscal, capitán xeneral, xeneral dos exércitos ou xeneralísimo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeneral.
  2. Entrada de "xeneral" no Digalego.gal

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne