Xermania Magna

Modelo:Xeografía políticaXermania Magna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°54′N 11°06′L / 50.9, 11.1Coordenadas: 50°54′N 11°06′L / 50.9, 11.1

A provincia romana da Xermania
Contexto do dominio romano alén do Rin. En verde as zonas pacificadas (pertencentes a zona de Frisia á Xermania Inferior e a dos Campos Decumanos á ermania Superior), en amarelo os populi clientes ("pobos clientes" ou aliados) e en rosa os populi hostís ("pobos hostís").

A Xermania[1], chamada Xermania Magna ou Xermania Ulterior foi, segundo a etnoloxía xeográfica da Antiga Roma, unha ampla zona da Europa central que non estivo suxeita ao dominio romano (se non parcialmente e por períodos curtos), que se estendeu ao leste do Rin, na que se asentaban a maioría das tribos xermánicas. Na época de Augusto, os romanos emprenderon a conquista a partir do ano 12 a.C.. No ano 6 a.C., toda de Alemaña ata o río Elba foi ocupada e pacificada. A consolidación da conquista de Xermania Magna de Alemaña non tivo lugar despois da derrota romana na batalla da fraga de Teutoburgo, no ano 9 d.C. Pero Arminio sería asasinado por leales a Roma e no seu lugar ocuparía o trono o seu sobrino Itálico, retornando Xermania ao Imperio.[2]

Xermania foi o nome dado polos romanos a unha rexión centroeuropea, equivalente a grandes liñas coa actual Alemaña, poboada por pobos xermanos.

Tácito di que o nome de "xermano" levábano inicialmente os tungros e que despois o nome estendeuse ao conxunto de pobos. Pero outros autores din que "xermano" foi o nome dado en latín ás tribos e pobos xermánicos, do mesmo xeito que se falaba de galos e celtas. Os historiadores modernos inclínanse pola segunda opción.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Xermano.
  2. Tácito, Anais, XI, 19 e XII, 29

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne