Xornalista

Xornalistas recollendo unhas declaracións.

Un xornalista[1] ou periodista[2] é aquela persoa que se dedica ó xornalismo en calquera das súas formas, xa sexa na prensa escrita, radio, televisión ou medios dixitais. O xornalista dedícase basicamente á busca de información e á súa posterior difusión.

Existen varios principios que guían o labor do periodista, o principal dos cales é o respecto pola verdade e o rigor na busca da información. En xeral, considérase bo xornalista ó que consegue información relevante, breve e exacta no menor tempo posible.

Segundo as palabras do académico alemán Wolfgang Donsbach, citado por Kunczik para comprender o significado deste concepto:

Un xornalista é alguén que participa na formación do contido do produto do medio masivo, sexa na colección, avaliación, detección, procesamento ou diseminación das novas, comentarios ou entretemento.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xornalista.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para periodista.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne